venres, 12 de maio de 2017

OBRADOIRO DE AUTOPROTECCIÓN PARA MULLERES

OBRADOIRO DE AUTOPROTECCIÓN PARA MULLERES
Dirixido a mulleres maiores de 18 anos
Obxectivos e contidos:
O obxectivo deste obradoiro é proporcionarlles ás asistentes uns coñecementos e habilidades básicas de autoprotección que lles permita mellorar a súa seguridade persoal e ter un plan de seguridade con medidas que lles axuden a previr a agresión, ou, senón fose posible, saír dela con máis garantías. Estes coñecementos están pensados para que poidan ser de utilidade ante calquera imprevisto de carácter violento que lles poida acontecer na súa vida particular.
No transcurso das sesións formativas as alumnas aprenderán a identificar situacións de risco; estar alerta ante tentativas de agresión; aprenderán e practicarán habilidades, técnicas e recursos para a súa protección e defensa... Esta formación permitiralles mellorar a súa capacidade de reacción, a súa autoestima e a súa confianza persoal.
O primeiro día do obradoiro realizarase unha sesión introdutoria sobre os aspectos psicolóxicos na autoprotección desde unha perspectiva de xénero, que será impartida pola psicóloga do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller.
As seguintes sesións serán impartidas por instrutores da Policía Local.
Datas: 25, 29, 30, 31 de maio e 1, 5, 6, 7 e 8 de xuño. 9 sesións. 18 horas
Horario: 16:00 a 18:00h
Lugar: Casa das Mulleres e instalacións da Policía Local. Concello de Vigo
Prazo e requisitos para a inscrición:
As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo e que non realizasen esta formación con anterioridade.
Non é necesario ter unhas condicións físicas determinadas nin coñecementos previos sobre algún tipo de arte marcial. A formación desenvolverase de tal xeito que todas as alumnas poidan realizar satisfactoriamente a actividade.
Inscrición previa desde o venres 5 de maio e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h, ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 15:00h.

xoves, 11 de maio de 2017

FESTIVAL PLIS PLAS 13-14 DE MAIO EN NAVIA


Tendes planes para este fin de semana? Porque aquí temos unha moi boa proposta que se levará a cabo en Navia. Deixamosvos o cartel e mais o progama para que lle botedes unha ollada.



CONTO TEATRAL E OBRADOIRO DE LINGUA DE SIGNOS



E un conto teatral  adaptado a lingua de signos e dirixido a todos os públicos e familias, que conta con música en directo tamén adaptada a lingua de signos. Este conto vai acompañado dun obradoiro en lingua de signos onde os máis pequenos podrán descubrir as posibilidades maravillosas que nos depara esta lingua a través de xogos .

Para facer a  reserva , teredes que chamar ós teléfonos 609 550 278  ou  986 201 206.
Non lle deixes sen a súa praza.

mércores, 10 de maio de 2017

EXCURSIÓN A CIES

O sábado 10 de Xuño terá lugar, por cuarto ano consecutivo, a excursión de convivencia para familias do Ceip Virxe do Rocío ás Illas Cíes.

Recordarvos que a ANPA Os Irmandiños é un mero intermediario entre a naviera Mar de Ons e as familias, sendo cada familia responsable durante a xornada de convivencia dos membros do seu grupo e dos posibles contratempos que poidan suceder.

As datas para anotarse no local da ANPA son:

15 de maio 9:00 a 9:45h e de 16:00 a 18:00h no local da Anpa

16 de maio de 16:00 a 18:00h na biblioteca e de 18:00 a 20:00h no local da Anpa

18 de maio 9:00 a 9:45h no local da Anpa

19 de maio 9:00 a 9:45h e de 16:00 a 18:00h no local da Anpa

O prezo para os socios do ANPA é de 6€/persoa e 7€/persoa para os non socios; @s nen@s menores de 3 anos non pagan.

Tedes que efectuar o pago e darnos os nomes e os DNI (obrigatorio maiores de 12 anos) de tódolos membros do voso grupo o 19 de maio coma data límite, xa que temos que facilitar o listado a navieira . Non será posible anotarse despois desa data. A solicitude de inscripción a podedes recoller no ANPA ou descargala aquí.

Se a previsión meteorolóxica é moi mala poderíamos anular a visita ata con tres días de antelación. Se o día está nubrado, a excursión faríase igualmente.

O sábado 10 de xuño xuntarémonos no Porto as 9:30h da mañá, xunto ao Nadador. Faremos unha ringleira diante das gradas para o reconto e dirixirémonos ao embarcadoiro dun modo organizado.
Embarcaremos sobre as 10:15h e a volta será as 19:15h, debemos estar no embarcadoiro da Illa as 19.00h para o reconto.

Recordarvos que levedes protección solar, gorras e bolsas para o lixo.


É MOI IMPORTANTE ESTAR ÁS 9:30h NO PORTO. O BARCO NON ESPERA

PASEO LITERARIO VERNE. 13 DE MAIO


CHARLA: AS REVÁLIDAS, AVALIACIÓN OU SEGREGACIÓN




FOANPAS ofrece unha charla coloquio dirixida á comunidade educativa dos centros de ensino público de Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria de Vigo.

“AS REVÁLIDAS: AVALIACIÓN OU SEGREGACIÓN?”

Estará impartida por membros dos sindicatos de ensino: CIG, CCOO, STEG.

Nela tratarase todo o relativo ás probas diagnósticas de 3ª e 6ª de primaria e 4º de ESO impostas na LOMCE, e que terán lugar no vindeiro mes de maio: cando se realizan? En que consisten? Que fin ten cada unha? Como repercute no alumnado? E nos centros educativos?

A charla terá lugar o VENRES 12 de MAIO ás 18:00 horas. Será no Salón de Actos do Instituto Municipal de Educación (IME), sito en Camiño do Chouzo nº 2.

A inscrición pode facerse no 986 29 88 12 ou enviando un correo electrónico a foanpas@foanpas.com (con nome e apelidos, teléfono, e-mail e centro educativo ao que pertence).

Pensamos que vos pode interesar, sobre todo os pais de 3º e 6º de primaria.

ANIMADEVOS!

CONCURSO DÍA DA FAMILIA