luns, 28 de setembro de 2020

RENOVACIÓN XUNTA DIRECTIVA

 




RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS E
PROCESO ELECTORAL

Estimadas familias,

Chegado a este novo curso toca renovación da Anpa. Algúns dos seus compoñentes non seguiran formando parte da Xunta directiva actual  por mor da renuncia voluntaria ó seu cargo. Por estos dous motivos deberemos convocar unha Asemblea para elixir un novo equipo.

CANDIDATURAS

Todas as candidaturas presentadas deberán ser candidaturas CONXUNTAS*
 
* As candidaturas CONXUNTAS son as formadas por un grupo de socios/as que se unen para presentarse como grupo, elixindo cada un dos socios integrantes un posto dentro da Xunta Directiva. Segundo os estatutos da Asociación deberá ter cubertos, polo menos, os seguintes postos, de forma obrigatoria: Presidente/a, vicepresidente/a, tesoreiro/a e secretario/a; ademais, poderán existir tantos postos de vogais como se estime oportuno, sen límite nin por exceso nin por defecto. Polo tanto, as candidaturas conxuntas deberán estar formadas por, polo menos, catro membros.

Como xa vos informamos, calquera membro socio/a ao corrente de pago ten dereito a presentarse como candidato. Animámosvos a todos/as a que presentedes candidatura, e poñades en marcha os vosos proxectos e ideas. No entanto, e vista a experiencia en cursos anteriores, debedes ter en conta que calquera cargo, sexa o que sexa, dentro da Xunta Directiva, require dunha mínima dedicación de tempo por parte dos seus integrantes, xa que diso DEPENDE O BO FUNCIONAMENTO das actividades extraescolares, así como moitas outras xestións habituais que as ANPAS realizan: colaboración en proxectos co centro, promover as boas relacións entre a Directiva e os docentes do Centro coas familias, representación no consello escolar do centro, xestión das subvencións, xestión económica e administrativa da asociación, representación da asociación perante calquera organismo ou en  reunións con anpas do municipio, información e promoción de actividades formativas e culturais,atención ás familias swnde o local da ANPA, asistencia o escola naquelas actividades en que se require, etc.

QUEREMOS RECORDAVOS QUE TODAS AQUELAS ACTIVIDADES REALIZADAS POLA ANPA COMO AULA MATINAL, EXTRAESCOLARES OU ACTIVIDADES CULTURAIS REALIZADOS COA ESCOLA,  QUEDARIAN SIN PODER REALIZARSE SI NINGUÉN SE FAI CARGO DA ANPA.

PROCESO PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS E ELECCIÓNS
 
Todos aqueles socios e/ou socias da ANPA que esteades interesados en presentar candidatura pechada para formar parte da Xunta Directiva da Asociación, poderedes facelo, cubrindo o impreso ao efecto (disponible na oficina e no blogue na zona de documentos descargables), desde o próximo día 28 de setembro ao 12 de outubro de 2020.

Poderedes entregalo en man no local da ANPA, ou depositar na nosa caixa de correo.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas, estas expoñeranse públicamente no taboleiro de anuncios da ANPA no centro, así como no blogue da asociación https://anpaosirmandinhos.blogspot.com.es/  e enviarase por tokapp co fin de publicitar ao máximo as candidaturas entre os socios/as. O período de publicación será do 20 ao 26 de outubro de 2020.

Cando finalice o período de publicación de candidaturas, convocarase aos socios a unha Asembleas extraordinaria o martes día 30 de outubro de 2020 para a presentación das candidaturas. Desta asemblea sairá a Xunta Directiva da ANPA Os Irmandiños para o período 2020-2022.

RESUMO
·       28 setembro 2020 publicación do proceso de electoral.
·   Do 13 de outubro ao 19 de outubro de 2020 prazo de presentacións de candidaturas conxuntas
·       Do 20 ao 26 de outubro de 2020 período de publicación das candidaturas
·  30 de outubro de 2020 asemblea  extraordinaria. Recordamos que é necesario estar ao día nos pagos para poder votar e poder ser elexidos/as.



Animámosvos a participar e así colaborar de forma activa pola educación dos nosos fillos.

            Moitas grazas e un saúdo,


ANPA Os Irmandiños

luns, 21 de setembro de 2020

ASAMBLEA EXTRAORDINARIA 25/09/2020

   


  ASAMBLEA  EXTRAORDINARIA DA ANPA OS IRMANDIÑOS


DATA: 25 Setembro 2020

HORA:  16.30 en primeira convocatoria
              16.45 en segunda convocatoria

LUGAR: Patio cuberto do CEIP Rocío

Vía Zoom® no link:
https://us04web.zoom.us/j/76970281970?pwd=YTd1ODBXcDRtZXB2UXVNdDhNNmk1Zz09

ID da Reunión: 76970281970

Contasinal: 2WBTZq


                                                        ORDE DO DÍA


- Situación da aula matinal e actividades extraescolares
- Renovación da Xunta Directiva da ANPA e presentación de candidaturas.
- Rogos e preguntas

Nota: Dada a situación de pandemia na que vivimos e para garantir en todo momento medidas de seguridade e salubridade, só poderá asistir unha persoa por familia. Para elo será necesario rexistrarse enviando un WhatsApp ao teléfono da ANPA (604026358) ou un correo electrónico a anpaosirmandinhos@gmail.com  indicando o nome da persoa que asistirá.

Para os que asistan vía online, será a través de zoom® polo que recordamos que a conexión durará 40 minutos. No caso de prolongarse a reunión máis alá dese tempo, habería que voltar a conectarse.

 

martes, 8 de setembro de 2020

ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA 14/09/20

              ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA ANPA OS IRMANDIÑOS

DATA: 14 Setembro 2020

HORA: 16.30 en primeira convocatoria
              16.45 en segunda convocatoria

LUGAR: Patio cuberto do CEIP Rocío

Vía Zoom® no link:
https://us04web.zoom.us/j/75972778169?pwd=MDc0eEFQN29XV0drN2tOWW11K050QT09

ID da Reunión: 759 7277 8169

                                                                       ORDE DO DÍA

- Plantexamento das actividades da ANPA ante a nova situación excepcional xeradas pola COVID19
- Situación da aula matinal e actividades extraescolares
- Colaboración da ANPA nas actividades/compras do cole ante a necesidade de reprogramar orzamentos
- Renovación da Xunta Directiva da ANPA e presentación de candidaturas.
- Rogos e preguntas

Nota: Dada a situación de pandemia na que vivimos e para garantir en todo momento medidas de seguridade e salubridade, só poderá asistir unha persoa por familia. Para elo será necesario rexistrarse enviando un WhatsApp ao teléfono da ANPA (604026358) ou un correo electrónico a anpaosirmandinhos@gmail.com indicando o nome da persoa que asistirá.

Para os que asistan vía online, será a través de zoom® polo que recordamos que a conexión durará 40 minutos. No caso de prolongarse a reunión máis alá dese tempo, habería que voltar a conectarse.