Recordarmos
ás familias usuarias das actividades extraescolares:
·
Para levar a cabo as actividades é
necesario un número mínimo de alumn@s , pregamos un compromiso de asistencia
pola vosa parte.
·
As actividades deben abonarse na
conta da ANPA (ES61 2080 5016 0330 4000 6416 Abanca) antes
do día 5 do mes. Lembrade indicar no concepto
o nome do alumn@ e as actividades abonadas.
·
Se @ alumn@ desexa darse de alta/baixa dunha actividade, debedes
avisar antes do día 25 do mes anterior.
·
Nas actividades cun número limitado
de alumn@s (piscina ou inglés) terán preferencia @s nen@s que xa participaran
na actividade o curso anterior.
·
As actividades funcionan cun sistema de gardas. É moi importante que sexamos responsables e
esteamos atentos de cando nos toca, recollendo a chave e cumprindo cas normas
básicas seguintes:
- Estar na actividade 10 minutos
antes para
abrir o local onde se realiza, se a nosa actividade comeza ás 16:00h. E no caso
de ser no pavillón, debemos comprobar tamén que o baño estea aberto.
- Recoller os nenos do comedor e
levalos á actividade, se a nosa actividade é as 16:00h.
- Esperar a que chegue o monitor da
actividade é estar preto por posibles incidencias.
- Ó remate, comprobar que
veñen recoller a tódolos nenos. Se algún pai/avó/tutor non chega a tempo,
deixaremos o neno na biblioteca co mestre de garda.
- Deixar pechado e pasarlle a
chave ó seguinte que lle toque a garda.
- Se non podedes acudir a vosa garda,
avisade canto antes no grupo, para que outra persoa poida substituírvos.
·
Se o comportamento d@ nen@ na
actividade non fose o adecuado, avisaríase ao seu pai/nai/titor. Se este
comportamento inadecuado se produce de forma continuada, valoraríase suspender
de forma temporal ou definitiva a súa asistencia á actividade. O incumprimento
das normas por parte dos pais, suporía unha suspensión de asistencia á
actividade para @s nen@s.
·
Se estades interesados nunha
actividade pero non vos coincide ben o horario, propoñede o que vos interesa, e
se hai máis alumnos interesados miraríamos de modificala.
Ningún comentario:
Publicar un comentario