Somos conscientes de que as actividades ademáis de axudar a compatibilizar a vida familiar e laboral das familias, completan a formación dos nenos e potencian a formación en valores, fomentan o traballo en equipo, a creatividade…Por eso todos os anos intentamos ampliar a nosa oferta.
Coma sempre, o desenvolvemento das actividades ofertadas se levará a cabo se hai un número mínimo de alumnos. É durante o curso, por mor das baixas, poderiase anular a actividade. Nun principio, e sempre que teñamos alumnos suficientes, manteranse os grupos e actividades do ano anterior, pero podedes suxerir outros días ou horarios.
Ademáis de ter novas propostas de actividades para nenos e temos previsto organizar charlas e obradoiros tamén enfocados para nos, e nos interesaría saber cal é o horario que máis os convén para que podades vir. Por suposto, contaríamos con servicio de ludoteca se hai suficientes nenos apuntados.
As actividades propostas para este curso son:
Baile: axuda ó desenvolvemento da expresión e a creatividade, favorece o oído musical e a linguaxe corporal. Además os nenos e nenas pasano moi ben, e teñen varias exhibicións durante o curso. Fanse dous grupos diferentes, un grupo de infantil e o outro de primaria. Tendo en conta que se traballan coreografías grupais, é importante o compromiso de asistencia.
Fútbol: Este deporte fomenta o traballo en equipo, o esforzo e desenvolve a condición física e mental. Os alumnos anotados a esta actividade teñen a oportunidade de xogar os fines de semana.
Ao ser unha actividade fora do Centro, debedes levar vos mesmos aos nenos. Recordade estar un pouco antes para que vos de tempo a cambiar aos nenos antes de que empece a actividade. Non podedes olvidar as chanclas, gorro e lentes de auga.
Taekwondo: Este deporte mellora a coordinación, a resistencia, a forza, a flexibilidade, autodisciplina e o traballo en equipo. Ademáis ó final do curso todos aqueles alumnos que acaden o nivel adecuado, poden presentarse o examen para obter o cinturón. Este ano cambiamos de empresa debido aos diferentes problemas surxidos nos anos anteriores.
Taller de Inglés: Xa é un clásico na nosa escola. Tráballase o idioma mediante actividades lúdicas, fanse grupos diferenciados por idades e os grupos son reducidos para que o aproveitamento do aprendizaxe sea o máximo posible.
Este ano voltamos a ofrecer esta actividade co Club Celta de Atletismo.
Balonmano: é un deporte de equipo moi completo que traballa todas as áreas físicas, hai que correr e saltar cas pernas, pasar e lanzar cos brazos, e require moite desgaste de calorías pois require o uso de moita forza, pero tendo en conta que a potencia sen control non serve, así que ademáis traballase a elesticidade e a coordinación.
Xadrez: é un xogo moi completo que estimula o tanto o hemisferio esquerdo como o dereito do cerebro xa que estimula tanto a estratexia lóxica e precisa, como a creatividade e a imaxinación. Sabemos que o centro conta con grandes afeccionados ao Xadrez e de seguro que con esta actividade, teremos ainda máis.
Ioga Emociona: As emocións influen na forma de pensar e de actuar, nesta actividade búscase a autoconciencia das propias emocions e sentimentos e traballase a autoregulación das mesmas a través do IOGA. Esta actividade será levada a cabo por María Carballo, quen nos explicará na reunión informativa de principio de curso cómo vai enfocar esta actividade.
Podedes consultarnos calquera duda que teñades sobre as actividades na reunión informativa que teremos o 19 de setembro, por whatsapp (604 02 63 58) ou no noso correo electrónico: anpaosirmandinhos@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario