martes, 18 de setembro de 2018

ACTIVIDADES EN SECO DO MQA CURSO 2018-2019

Bótabades en falta as actividades en seco do Máis Que Auga de Navia, verdade?, pos xa temos aquí a proposta que nos fan, ainda que xa sabedes que se levarán a cabo ou non dependendo  do numero de alumn@s matriculad@s entre todos os centros educativos interesados.

O límite de prazo para apuntarse é o 23 de setembro,  cubrindo a  solicitude  na ficha de inscripción se ainda non a entregáchedes, ou facennos chegar a vosa petición a través do mail anpaosirmandinhos@gmail.com. Recordade que as altas e as baixas das actividades, ainda que se desenvolvan no MQA, se tramitaránse dende o ANPA.

Tan pronto teñamos a confirmación de praza volo faríamos saber para que fixerades efectivo o pago do primer cuatrimestre.

As actividades propostas para este ano son as seguintes:


PROPOSTA DE ACTIVIDADES EN SECO NO MAIS QUE AUGA DE NAVIA
Curso 2018-2019




ACTIVIDADES EN SECO MQA

LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES

17:15

YU KIDS PILATES           > 4 anos

YU KIDS PILATES          
> 4 anos
WODFIT KIDS     4-8 anos
18:00
MQ ZUMBA    10-14 anos
ZUMBA KIDS       4-9 anos
MQ ZUMBA       10-14 anos
ZUMBA KIDS       4-9 anos

18:00
TAEKWONDO 4-7 anos

TAEKWONDO   4-7 anos


18:45
TAEKWONDO >8 anos

TAEKWONDO >8 anos
WODFIT XOVEN
10-16 anos


O prezo de todas as actividades é de 44 €/cuatrimestre . Este prezo se corresponde a un día á semana da actividade.

O pimeiro día vos entregarán un carnet de acceso polo que deberedes de abonar 3,75€ en concepto de fianza e que vos devolverán cando entreguedes o carnet ó rematar o curso. 

O acompañante pode facer uso de balde da piscina e da sala de fitnes mentres dure a actividade.
Se tendes algunha dúbida máis, contactade con nos e intentaremos aclararvola o antes posible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario