luns, 10 de setembro de 2018

BENVIDOS AO NOVO CURSO!

                                                               Ola a todos!




Estamos a comezar un novo curso y xa nos poñemos en marcha. Coma sempre estamos a preparar o cuadrante de actividades para que elixades xunto cos nenos as que máis vos gusten. Estade atentos porque temos algunhas novidades!

Tamén estamos a preparar unha reunión informativa para a próxima semana, onde explicaremos o funcionamento do ANPA, como facerse socio, que actividades levamos a cabo, etc. Por suposto intentaremos aclarar tódalas dudas que poidades ter.

Recordade tamén que esta directiva finaliza nun par de meses e que é necesario relevo para que siga funcionando. Animádevos!

Durante estos días o noso horario vai ser un pouco especial, para poder atendervos mellor neste inicio de curso, así que podedes atoparnos na oficina (recordade que estamos no colexio vello) no seguinte horario:

Mércores 12 Setembro -->  10:00-12:00
Xoves 13 Setembro -->       09:00-12:00
Venres 14 Setembro -->      09:00-12:00

Luns 17 Setembro -->        09:00 - 11:00
Mércores 19 Setembro --> 09:00 - 11:00
Venres 21 Setembro -->     09:00 - 11:00

Xoves 20 Setembro -->      16:00 - 18:00


Estade atentos ao Blog que xa empezamos de novo!

Un ano máis a cuota anual de socio son 15€ por familia, que deben ser abonados na conta do ANPA

  ES 61 2080 5016 03 3040006416

É importante que poñades no concepto o nome e apelidos do neno. Recordade que para ser socios ademáis de pagar a cuota, tendes que cubrir a ficha de inscripción do ano en curso que podedes encontrar nos documentos descargables que tendes no marxe deste blog.

Recordámosvos que o noso móbil é 604026358 é fundamental que teñades gardado o número nos vosos contactos para que vos chegue toda a información.


Ningún comentario:

Publicar un comentario