CONVOCATORIA DE REUNIÓN INFORMATIVA
O mércores 19 de setembro de 2018
as 16.00h no comedor
Convócase a tódalas familias do centro interesadas a unha reunión informativa da ANPA co fin de tratar as actividades extraescolares previstas para este curso e a próxima renovación da Xunta Directiva, así como as dúbidas que teñades.
Gustaríanos contar convosco e coas vosas achegas e suxestións para conseguir un mellor funcionamento da Asociación, que redunde no ben de tod@s.
Para facilitar a asistencia das familias á reunión informamos que contaremos con servizo de ludoteca gratuíto (necesaria inscrición do nen@, data límite para anotarse luns 17, a través do mail anpaosirmandinhos@gmail.com ou do whatsapp 604026358).
Ademáis de presentar as actividades propostas este curso, tamén virá a Mestre María Carballo para explicar a súa proposta de actividade IOGA EMOCIONA, e un representante de Play Code para falarnos de ROBOTICA.
Non volo podedes perder! Contamos con vos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario