xoves, 8 de marzo de 2018

NENDO DANGO_ 10 DE MARZO

O día 10 de marzo, no parque forestal de Vixiador, A senda do Moucho proponos unha actividade para nenos co obxectivo de contribuir a forestación do monte. ¿Quen se apunta? 



martes, 6 de marzo de 2018

BRIGHT MINDS, OS CEREBROS MÁIS BRILLANTES


 Bright Minds é un metodo centrado na estimulación infantil que desenvolve as capacidades cognitivas dos nenos antes da sua idade escolar, e así crear mentes máis brillantes.

Traballase a intelixencia emocional, tan importante para poder manexar as nosas emocions, nun tempos tan complicados. Por medio da neuropedagoxía traballanse as intelixencias múltiples (matemáticas, lingüistica, espacial, musical, cinético-coporal, intrapersonal, interpersonal y naturalista). Además de potenciar o desenvolvemento do neno tanto individual como social.

Estes nenos son moi brillantes!



domingo, 4 de marzo de 2018

OBRADOIRO JUMPING CLAY DE PRIMAVERA




Xa estamos deixando atras o inverno, e ainda temos o recordo fresco do obradoiro de Jumping Clay de Nadal. Gustouvos? Claro que sí, ven o sei. É unha actividade con moito éxito e vos deixo un vídeo para recordalo, porque xa estamos a planear o seguinte....




Seguro que queredes participar no obradoiro de Jumping Clay de Marzo. Vai a ser o Xoves 15 e o Venres 16 no comedor do centro ás 16:00h.  

Podedesvos apuntar, coma sempre, a través do mail anpaosirmandinhos@gmail.com, na nosa oficina ou enviando un whatsapp 604026358, indicando o nome e apelidos do neno, o curso e o día elexido.

Para os socios é unha actividade de balde. Para os non socios, o prezo será de 4 €, que deberá ser abonado no momento de anotarse.

O derradeiro día para inscribirse no obradoiro é o luns 12 de marzo, sempre e cando ainda haxa prazas. Así que non vos despistedes e apuntádevos canto antes. Como sempre, enviaremos confirmación polo mismo medio en que vos anotedes.

VOS ESPERAMOS!

FESTIVAL SOLIDARIO BICOS DE PAPEL_ 11 MARZO

Vos deixamos información sobre o Festival solidadario que organiza Bicos de Papel o Domingo 11 de de Marzo. 

ANIMÁDEVOS, QUE POR UNHA BOA CAUSA



luns, 26 de febreiro de 2018

ACTUACIÓN DE ACROBÁTICA



Este ano comezou unha nova actividade... XIMNASIA ACROBÁTICA, de momento teñen moi pocos participantes, pero os que van son do mellorciño!



Volteretas, cabriolas, saltos... É moi divertido. Non volo parece?

ANIMÁDEVOS! 
As clases son os venres pola tarde, pare terminar a semana con moita enerxía.

Ademáis fixeron unha actuación neste Xaneiro, e nos deixaron coa boca aberta.


xoves, 22 de febreiro de 2018

ACTUACIÓN DE BAILE DE PRIMARIA DE XANEIRO




As nosas nenas de primaria tamén mostraron o seu talento na actuación de Xaneiro.

Estaban guapísimas e ademáis o fixeron moi ben!

 Canto traballo e cantos ensaios! Pero o froito merece a pena.




 Aquí temos o vídeo para mostrarvos o ben que o fixeron. Estamos impacientes por ver a actuación de fin de curso!


martes, 20 de febreiro de 2018

ACTUACIÓN DE BAILE INFANTIL DE XANEIRO


Os nosos bailarins fixeron unhas actuacións estupendas a finais de Xaneiro. Fixérono moi ben, pero só é un entrenamento, se están preparando a fondo para o final do curso.



Grazas á colaboración e o permiso dos pais, por suposto, podemos mostrarvos o gran traballo que fan.




Un gran aplauso para estes marabillosos bailarins!