domingo, 17 de novembro de 2019

Camisetas pola Igualdade

ESTAMPANDO IGUALDADE
Obradoiro de camisetas para familias

Este martes 12 de novembro unha morea de famillias anotáronse ao obradoiro de camisetas!, de feito tivemos que facer dúas quendas, e finalmente estampamos 50 camisetas.
O máis bonito foi ver pais, nais, avós, nenas e nenos traballando xuntos, con moi boa actitude, aprendendo a técnica de estampación e estampando palabras tan bonitas como LIBERDADE e IGUALDADE.
Agradecemos a boa disposición de todxs, o ambiente festivo, e o ben que todo o mundo traballou, limpou, compartiu e colaborou cos demais.
Estamos moi contentxs deste día, e do significado que ten: camisetas que van ir espallando LIBERDADE e IGUALDADE, e agardamos que non se quede só en palabras, que nos fagan reflexionar sobre os feitos que realizamos a diario, en encher de igualdade os lugaes onde convivimos. Encher de comprensión e respecto as diferenzas de cada individuo, porque somos Iguais dende as nosas diferenzas. 
Só así acadaremos a liberdade real, un obxectivo tan difícil coma preciado. E só dende a consciencia dos nosos actos poderemos construír espazos de liberdade real. Necesitamos querer mellorar, dende o respecto, dende a sensibilidade propia e o respecto das outras sensibilidades.

Agardamos que experiencias coma esta queden na memoria e deixen pegada.

Agradecemos as fotos de Quique, que con tanta sensibilidade como nos ten acostumadxs capturou momentos onde vemos reflectidas estas experiencias.

































martes, 5 de novembro de 2019

OBXECTIVO IGUALDADE


Grazas a Quique Simón por adicarnos esta tarde onde nos abriu unha visión á fotografía:

"a fotografía é dibuxar coa luz" 

Asistimos a unha presentación breve pero moi interesante, ode vimos as moitas aplicacións da fotografía, e as mensanxes que podemos trasnmitir. Como a Igualdade, que tamén se pode transmitir a través de imaxes.



Conseguiu a participación de nenas e nenos que observaron a ollada de dous fotógrafos moi coñecidos un home e unha muller, para facernos ver o difícil que sería acertar que foto estaba realizada por cada un deles, a mensaxe era clara: todas e todos podemos transmitir unha idea cunha imaxe, independentemente da súa identidade.
Cristina García Rodero e Henri Cartier-Breson




Logo tocaba practicar, e a biblioteca convertiuse nun estudio improvisado de fotografía, onde modelos e fotógrafos se mesturaron e encheron a biblioteca de olladas.















...seguiremos precticando!