luns, 6 de xuño de 2022

 un ano máis o Anpa facilita a conciliación durante os meses de verán cun campamento no cole. este ano o levaremos a cabo coa empresa Ludiland, tendes aqui toda a información.




mércores, 11 de maio de 2022

¿vas deixar o cole dos teus fillos sen anpa?

 


Renovación da xunta directiva

 RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS E PROCESO ELECTORAL Estimadas familias, Chegando ó final deste curso e como vos avanzábamos no punto 4, do orde do día da asamblea extraordinaria celebrada o 29/04/2022, é preciso a renovación do equipo directivo da ANPA, e por iso convocarase unha asamblea para elixir un novo equipo directivo, xa que os compoñentes actuáis non seguiran formando parte da xunta directiva por mor da renuncia voluntaria ó seu cargo. CANDIDATURAS Todas as candidaturas presentadas deberán ser candidaturas CONXUNTAS: As candidaturas CONXUNTAS son as formadas por un grupo de socios/as que se unen para presentarse como grupo, elexindo cada un dos socios integrantes un posto dentro da Xunta Directiva. Segundo os estatutos da Asociación deberá ter cubertos, polo menos, os seguintes postos, de forma obrigatoria: President@, Vicepresident@, Tesoreir@ e Secretari@; ademáis, poderán existir tantos postos de vogais como se estime oportuno, sen límite nin por exceso nin por defecto. Polo tanto, as candidaturas conxuntas deberán estar formadas por, alomenos, catro membros. Todo aquel membro socio/a, que esté ó corrente de pago, ten dereito a presentarse como candidato. Animámosvos a todos/as a que presentedes candidatura, e poñades en marcha os vosos proxectos e ideas. Compre ter en conta que calquera cargo, sexa o que sexa, dentro da Xunta Directiva, require dunha mínima dedicación de tempo por parte dos seus integrantes, xa que diso DEPENDE O BO FUNCIONAMENTO das actividades extraescolares, da aula matinal, campamentos nas vacacións… así como moitas outras xestións habituais que as ANPAS realizan: promover as boas relacións entre a Directiva/Docentes coas familias colaborando en proxectos co centro, representación no consello escolar do centro, atención ás familias dende o local da ANPA, xestión de subvencións, xestión económica e administrativa da asociación, representación da asociación perante calquera organismo e nas reunións coa Federación de ANPAS do municipio, información e promoción de actividades formativas e culturais, axuda á escola naquelas actividades en que se require, etc. QUEREMOS RECORDARVOS QUE TODAS AQUELAS ACTIVIDADES XESTIONADAS POLA ANPA COMO A AULA MATINAL, AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES, OS CAMPAMENTOS OU AS ACTIVIDADES CULTURAIS REALIZADOS COA ESCOLA, QUEDARIAN SEN REALIZAR, SE NINGUÉN SE FAI CARGO DA ANPA. PROCESO PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS E ELECCIÓNS Todos aqueles socios e/ou socias da ANPA que esteades interesados en presentar candidatura pechada para formar parte da Xunta Directiva da Asociación, poderedes facelo, cubrindo o impreso ó efecto (dispoñible na oficina e no blogue na zona de documentos descargables), dende o próximo día 19 de Maio ó 25 de Maio de 2022. Poderedes entregalo en man no local da ANPA, ou depositar na nosa caixa de correo. Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas, éstas expoñeranse públicamente no taboleiro de anuncios da ANPA no centro, así como no blogue da asociación https://anpaosirmandinhos.blogspot.com.es/ e enviarase por ABALAR co fin de publicitar ó máximo as candidaturas entre os socios/as. O período de publicación será do 26 de Maio ó 01 de Xuño de 2022. Cando finalice o período de publicación de candidaturas, convocarase ós socios a unha asamblea extraordinaria o venres día 03 de Xuño de 2022 para a presentación e votación das candidaturas. Desta asemblea sairá a Xunta Directiva da ANPA Os Irmandiños para o período 2022-2024. RESUMO   04 de Maio ó 18 de 2022 período de publicación do proceso de electoral.  Do 19 de Maio ó 25 de Maio de 2022 prazo de presentacións de candidaturas conxuntas.   Do 26 de Maio ó 01 de Xuño de 2022 período de publicación das candidaturas.  03 de Xuño de 2022 asemblea extraordinaria. Recordamos que é necesario estar ó día nos pagos para poder votar e poder ser elexido/a. ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR E ASÍ COLABORAR DE FORMA ACTIVA POLA EDUCACIÓN DOS NOSOS FILLOS. Moitas grazas e un saúdo, ANPA Os Irmandiños

domingo, 26 de setembro de 2021

 Maña luns 27 de setembro comezan a xornada de portas abertas para probar as actividades extyraescolares que se darán este ano no cole. se queredes asisitir e probar algunha delas recordade que e necesaria inscripcion previa. Para calqueira dubida contactade con nos a traves do telefono do anpa ou do email

 Esta semana que entra faremos a xornada de portas abertas para que asi os nenos proben as mesmas antes de comezar. esto se fará da seguinte maneira:

- As actividades que imparten Yeah activities (multideporte, nutrichef, balonman, taekondo, xadrez e música) teredes que entrar na sua paxina web e apuntarse nas actividades solicitadas, teremos en conta que ops grupos máximos tanto para as probas como para actividade en xeral será de 14 nenos.

https://yeahactivities.es/extraescolares

unha vez probada a actividades se non é do agrado podese dar de baixa. os que non se den de baixa entendese que seguen na actividade. será a propia empresa a encargada de pasar os recibos.

os horarios das probas serán os propios de cada actividade.


- Baile: a xornada de portas abertas se fará o xoves en duas quendas. de 16:00 a 16:30 infantil e de 16:30 a 17:00 primaria. para anotarse a esta actividades farase a traves do whatsappp do anpa. a baixa da actividade farase do mesmo xeito. unha vez confirmada a asistencia  a cota se pagará na conta do anpa nos primeiros 5 días de cada mes.

-Tenis: portas abertas o xoves de 16:00 a 17:00. para anotarse ou darse de baixa farase mediante o whatsaap do anpa. a cota pagarase no numero de conta do anpa nos primeiros 5 dias de cada mes.

- Patinaxe: esta pòr confirmas a xornada de portas abertas. para anotarse e darse de baixa farase mediate o whatsapp do anpa. a cota pagarase no numero de conta do anpa os primeiros cinco dias de cada mes.


Os nenos que quedan a comer no comedor do cole serán os monitores de cada actividade os encargados de recollelos no mesmo. os nenos que veñan de casa os recolleran tamén os monitores das actividades na porta principal do lole xa que os pais e nais non poden acceder o recinto escolar polos protocolos da Covid 19. Para recollelos, polo mesmo motivo serán os monitores os que acheguen os nenos a porta principal do cole para que os responsables os recollan fora do recinto escolar.

faranse grupo de whatsapp das actividaddes. se alguen non quere formar parte deles que nolo comunique o anpa sen problema.

Facemos resumo das actividades que xa temos grupo para levala a cabo:


Luns: cociña.
Martes: Balonmano e música.
Mercores: patinaxe e multideporte infantil e primaria.
Xoves: baile infantil, baile primaria, tenis e xadrez.

a proxima semana faremos xornadas de portas abertas para que os interesados podan probar as actividades nos horarios que lles corresponde e asi decidan a que queren ou non ir finalmente

 Queridas familias!

Debido o incremento de nenos na aula matinal, pola seguridade e por unha mellor calidade do servizo, vémonos na obriga de poñer un monitor de reforzo. isto conleva un incremento  no custo, axustando os prezos o máximo, QUEDAN DESTE XEITO:

- Mes: 28 euros (irmáns 55 euros)

- Bono 18 euros (10 días)

- Día solto socio 4 euros (avisando por teléfono o día anterior).

Estos prezos aplicaranse a partir de mes de outubro.

non dubidedes en preguntar calquera consulta que teñades