Recordamos ás familias usuarias das actividades
extraescolares:
Plazo para anotarse as actividades: ata o 23 de setembro
·
Para levar a
cabo as actividades é necesario un número mínimo de alumn@s, polo que é
necesario un compromiso de asistencia pola vosa parte para un mellor
funcionamento.
·
As actividades
deben abonarse na conta da ANPA (ES61 2080 5016 0330 4000 6416 Abanca) antes do día 5 do mes. Lembrade
indicar no concepto o nome do alumn@ e as actividades abonadas. A cuota das actividades será a mesma
desde o mes de outubro ata o mes de xuño incluido.
·
Se @ alumn@
desexa darse de alta/baixa dunha
actividade, debedes notificalo á Anpa antes
do día 25 do mes anterior.
·
Nas actividades
cun número limitado de alumn@s (inglés) terán preferencia os que xa
participaran na actividade o curso anterior.
·
Este ano só inglés conserva o sistema de gardas por
motivos loxísticos:
- Estar na actividade 5 minutos antes para abrir o local onde se
realiza, se a nosa actividade comeza ás 16:00h.
- Recoller os nenos do comedor e
levalos a actividade.
- Esperar a que chegue o monitor da
actividade.
- Ó remate, comprobar que veñen
recoller a tódolos nenos. Se algún pai/avó/tutor non chega a tempo, @ nen@
será levad@ a biblioteca co mestre de garda.
- Deixar pechado e pasarlle a
chave ó seguinte que lle toque a garda.
- Se non podedes acudir a vosa garda,
avisade canto antes no grupo, para que outra persoa poida substituirvos.
Nas outras
actividades será o profesor de garda
na escola o encargado de abrir e
pechar as aulas utilizadas. En caso de incidencia
o monitor/a será @ encargad@ de avisar
os pais d@ nen@ afectad@.
·
Se o
comportamento d@ nen@ na actividade non fose o adecuado (impedindo o desenvolvemento
correcto da actividade), notificaráselle ao seu pai/nai/titor. Se este
comportamento inadecuado se produce de forma continuada, valoraríase suspender
de forma temporal ou definitiva a súa asistencia á actividade. Un incumprimento
das normas por parte dos pais, suporía unha suspensión de asistencia á
actividade para @s nen@s.
·
Se estades
interesados nunha actividade pero non vos coincide ben o horario, propoñede o
que vos interesa, e se hai máis alumnos interesados miraríamos de modificala.
Ningún comentario:
Publicar un comentario