As actividades extraescolares daran comezo o vindeiro martes 1 de outubro. Non todas as actividades conseguiron o número mínimo de nenos para sair adiante.
Se algún nen@ quere anotarse ou darse de baixa dalgunha actividade recordade que podedes facelo antes do día 25 de cada mes, para comenzar o mes seguinte.
Queremos recordarvos tamén que para que as actividades sigan adiante necesitamos un compromiso de asistencia pola vosa parte. A súa continuidade depende dun número mínimo de participantes.
O pago das actividades realizarase nos primeiros 10 días do mes, poñendo ben claro o nome do neno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario