xoves, 19 de setembro de 2019

Xornada no Resío de Presentación de Actividades Extraescolares

O pasado xoves día 12 organizouse na escola unha mostra de novas actividades extraescolares propostas pola ANPA para o alumnado.
A intención foi animar ás nosas fillas e fillos a probar outras actividades, sobre todo as que normalmente están máis referidas a un dos xéneros, para que as nenas se animen a probar actividades tecnolóxicas e o nenos rompan o prexuízo de probar a danzar.
Presentamos catro actividades: Robótica, Danza Tradicional, Teatro e Xadrez.
Queremos agradecer a todas as monitoras e monitores a súa participación e entusiasmo neste día, que abriu novas visións a todo o alumnado do centro. Tamén ao profesorado do centro pola súa participación e á dirección pola súa colaboración e facilitar os tempos e espazos do cole. Un pasiño máis no noso obxectivo de coeducar.


obradoiro de Danza Tradicional
















obradoiro de Teatro



















obradoiro de Robótica



















obradoiro de Xadrez

















Ningún comentario:

Publicar un comentario