mércores, 4 de setembro de 2019

AULA MATINAL


AULA MATINAL

Estimadas familias,
           
Este servizo é de uso exclusivo para socios da Anpa (agás días soltos). E que para facer uso deste servicio é necesario ter pagada a cuota de socio deste curso 2019-2020(15€ por familia) .

Recordarvos ás familias socias que esteades interesadas no uso da aula matinal que o mércores 11 de setembro xa podedes deixar @s alumn@s.

O horario é de 7.30 a 9.00h.

A actividade desenrólase no comedor, con acceso desde o portalón. Debedes acompañar aos nen@s persoalmente ata a monitora responsable que de novo será Ana.

Non esquezades facer o pago correspondente na conta da ANPA, indicando o nome do alumn@ que fai uso do servizo. A partir de Outubro o pago deberá facerse nos cinco primeiros días do mes (prezos resto do curso serán indicados nunha nova circular).

No caso de necesidade pode facerse uso do servizo en días soltos (incluidos non socios). O pago do servizo por días soltos deberá abonarse a monitora no momento de deixar o nen@ na aula matinal.

            Prezos aula matinal SETEMBRO

                        12, 50€/nen@

                        11,25€/nen@ no caso de irmáns

            Bono de 10 días 15,00 €

            Día solto  2,00 €

            Día solto non socio 4,00 €


            Número de conta da ANPA

                        ES 61 2080 5016 03 3040006416
                       
            Moitas grazas e un saúdo.
ANPA Os Irmandiños


Ningún comentario:

Publicar un comentario