luns, 30 de xaneiro de 2017

REUNIÓN DE COMEDORES ESCOLARES XANEIRO

Periódicamente FOANPAS convocanos para coñecer como vai indo o funcionamento dos comedores escolares, tanto os xestionados pola propia asociación, como os dos centros que pertencendo á asociación temos unha xestión diferente, como no caso do noso centro O ROCIO, de xestión indirecta (a Consellería de Educación contrata un servicio de catering).

Á convocatoria do 24 de Xaneiro, fomos representantes de 15 centros de educación infantil e primaria, pola nosa parte foi a nosa representante de comedores Amalia Nuñez, e quedou constancia de que os problemas detectados seguen a ser similares aos dos cursos anteriores:

* Control inexistente por parte da Consellería sobre as empresas adxudicatarias e nula resposta ás queixas por parte das direccións dos centros, das ANPAS e das familias.
* Fallos nutricionais na combinación semanal dos menús
* Escasa calidade da materia prima
* Abuso dos hidratos de carbono
* A comida, preparada con moita antelación, chega cun aspecto pouco apetecible
* Queixas sobre a temperatura á que se sirve
* Inadecuada formación dos cuidadores
...

E, unha vez máis, espuxeronsee os obxetivos a demandar:

- Indicir no servicio de comedor como parte do proceso educativo
- Redacción de menús nutricionalmente adecuados por un equipo cualificado
- Elaboración con alimentos de cercanía, e na medida do posible de procedencia ecolóxica
- Recuperación das cociñas para a elaboración das comidas dos alumnos naqueles centros nas que están anuladas ou infrautilizadas (só para quentar)
- Atención con persoal cualificado
- Supervisión da Consellería, útlima responsable 


As propostas de actuación que saíron desta xuntanza foron os seguintes:

Seguir a traballar na modificación do Decreto 132/213, polo que se regulan os  comedores escolares, entre todas as ANPAS galegas.
Preparar un escrito cos puntos claves demandados, pensando en convocar unha roda de prensa e así dar a coñecer a problemática existente, e para presentalo, si fora necesario, no Consello Escolar Municipal, buscando apoio nos alumnos de Vigo.

Como vedes, seguimos traballando para mellorar, e seguiremos informándovos para que saibades en que punto estamos.

domingo, 29 de xaneiro de 2017

XORNADAS SOBRE COMEDORES ESCOLARES

O pasado 16 de Decembro, na Universidade de Vigo,  levouse a cabo unha Xornada de debate e formación sobre comedores escolares, na que participou a nosa encargada dos temas do comedor Amalia Nuñez.

Os obxectivos destas Xornadas eran presentar experiencias de referencia en España na xestión de comedores escolares con criterios de sustentabilidade, introducir argumentos sobre a necesidade de modificar as compras públicas de alimentos no ámbito educativo, reafirmas as demandas das nais, pais e comunidades educativas para cambiar os comedores escolares, e presentar os contidos xurídicos, técnicos, económicos, ambientais e sanitarios que deben incorporar os pregos de contratación para xestionar os comedores escolares con criterios de sustentabilidade.

Podedes acceder ós vídeos das xornadas no seguintes enlaces:

Presentación da Xornada
Como o tipo e orixe dos alimentos pode influir no cerebro dos nosos escolares
         Preguntas
Innovacions sociais na xestión de comedores públicos en Aragón
         Turno de preguntas
Alimentación saludable e de producción ecolóxica nos comedores escolares de Asturias
         Turno de preguntas
Comedores escolares ecolóxicos
         Turno de preguntas
Menu 2020: Transformar o menú para transformar o modelo
         Turno de preguntas
Alimentación saludable en comedores escolares e oportunidades laborais para personas con discapacidad. Alianzas: Economía social/Empresa ordinaria.
         Turno de preguntas
Propuesta de transformación de comedores escolares
         Turno de preguntas
Plataforma galega para unha alimentación responsable na escola
         Turno de preguntas
Cómo definir mecanismos administrativos para cambiar el sistema de adjudicación de comedores escolares
Clausura

venres, 27 de xaneiro de 2017

ENVIO DE MENSAXE PROTESTA POR ZONIFICACIÓN

Como sabedes, levamos xa algún tempo loitando por una revisión da Zonificación educativa, ainda que si alguén non sabe de que estamos a falar pode PINCHAR AQUÍ e lle remitiremos a un documento moi clarificador.

Tivemos varias reunións e acordamos levar a cabo unha serie de medidas para facernos oir: contactar coa prensa, concentracións e manifestacións, facer envíos masivos de mails a Consellería.... E por suposto necesitamos que participedes, para que estas accións teñan éxito.



INDICACIÓNS PARA O ENVÍO DA MENSAXE


Para o envío por correo electrónico:

1) Accede ao texto que figura neste arquivo e cubre os datos que faltan (cargo ao que se dirixe a mensaxe, nome e DNI da persoa que envía o correo e centro de estudos do fillo/a). Podes consultar como quedaría unha mostra no pdf que que tes a túa disposición aquí. Tamén podes copiar, da táboa que che facilitamos, a cabeceira correspondente ao cargo.

2) Copia o texto completo e pégao no “Corpo” da mensaxe que vas a enviar.

3) No “Asunto” da mensaxe escribe, simplemente, o teu nome (así, con asuntos distintos, deberían ler as mensaxes antes de borralas).

4) No “Para” escribe a dirección de correo correspondente ao cargo ao que vai dirixido o correo e envíao.

Repite o proceso para os distintos cargos posibles. No arquivo adxunto taboa.doc figuran as direccións correspondentes a cada un.


Se queres entregar o escrito por rexistro, imprímeo e preséntao persoalmente na Delegación da Xunta (r/Concepción Areal).

Podes facer as dúas cousas, envialo por correo e presentalo por rexistro.

CUANTO MÁIS, MELLOR!!!


mércores, 25 de xaneiro de 2017

CURSOS E EXPOSICIONS

Unha vez máis informamosvos das novas que chegan á nosa ANPA.

En primeiro lugar lamentamos informarvos de que o TALLER DE ALIMENTACIÓN SALUDABLE será APLAZADO ata novo aviso por escasez de matrículas.

O IES  de Teis organiza unha EXPOSICIÓN "EDUCACIÓN AMBIENTAL EN TEIS" que podedes visitar desde o 26 de Xaneiro ata o 3 de Febreiro.

E por último, o curso "AUTISMO, ROMPENDO ESTEREOTIPOS", organizado por BATA e que terá lugar o 18 de Febreiro no Pazo da Cultura de Pontevedra.:
 Para ver o Cartel deste curso, pincha aquí
 Para ver el triptico, puedes pinchar aquí



venres, 20 de xaneiro de 2017

JUMPING CLAY NADAL 2016


Antes das vacacións de Nadal fixemos o taller de Jumping Clay cunha alta participación. Sabemos que é unha actividade que os nenos disfrutan moito e aquí vos deixamos un video para que o comprobedes.


martes, 17 de xaneiro de 2017

CONCURSO DE DISEÑO PARA O CARNET DO ANPA

Unha das nosas propostas é facer un carné de pertenencia a nosa ANPA. Se entregará un carnet por familia, que se cubrirá e levará o sello do ANPA, sendo só válido para ese curso escolar. O carnet será a forma de identificarnos como socios no acceso a actividades, ás excursions, festas,… e pretendemos tamén que teña ventaxes fora de noso centro escolar, como descontos en comercios do noso entorno e no comercio onde se compra o chándal.

Farase un concurso para elexir o diseño no que poderán participar todas as familias asociadas. Tede en conta que é para un carnet, polo que as dimensións do debuxo deben corresponderse a de un carnet de DNI ou tarxeta de crédito.

Podedes presentar o voso diseño  ata o 31 de Xaneiro no novo local do ANPA ou no noso buzón. 

ENCENDEDE O BOTÓN DA VOSA IMAXINACIÓN.


Esperamos que no lo poñades moi difícil!

RENOVACIÓN/ NOVAS INSCRIPCIONS NAS ACTIVIDADES CUATRIMESTRAIS

Imos comezar o segundo cuatrimestre e como sabedes, temos algunhas actividades que non se levan a cabo no noso centro escolar e que tanto a matrícula como o pago son cuadrimestrais.

Recordarvos que o pago da actividade para o segundo cuadrimestre temos que facelo a principios de febreiro de 2017, polo que vos rogaríamos fixerades os ingresos canto antes.

Prezos:
29,60€/nen@ piscina do Carmen
44,00€/nen@ piscina Mais que Auga

Outras actividades no Máis que Auga (44,00€/mes/1 día):

Se o alumno non continua coa actividade debe avisar deixando os datos na
caixa de correos do ANPA, ou enviandonos un mail: anpaosirmandinhos@gmail.com
 antes do 23 de Xaneiro

Se alguén desexa incorporarse á esta actividade extraescolar debe deixar na
caixa de correos do ANPA ou enviarnos por mail a solicitude de inscripción que podedes recoller na oficina do ANPA ou descargarla aquí:

Solicitude actividades/piscina MQA navia
Solicitude piscina do Carmen

Lembrámosvos os horarios dispoñibles para estas actividades

Piscina do Carmen
Martes 3.45h
Xoves 4.45h

Piscina Mais que Auga 
Piscina: Martes 4.30h
Piscina: Mércores 4.30h
Zumba xove: martes
Zumba xove:  xoves
Karate junior: xoves

O prazo límite de recollida de solicitudes é o luns 23 de xaneiro, xa que é
necesario solicitar prazas e actualizar listaxes.

Se tendes algunha dúbida, podedes contactar con nos, a traves do noso mail, do teléfono ou persoalmente na nosa oficina.

xoves, 12 de xaneiro de 2017

CHARLAS E CURSOS DE XANEIRO

Como sempre, intentamos tervos informados de charlas e cursos que poden ser de voso interés.

Hoxe presentamosvos duas:  Aprender a Educar e Construíndo un estilo de alimentación saludable. Deixovos os carteis informativos para que teñades a información completa.





mércores, 11 de xaneiro de 2017

CONVOCATORIA PARA A REUNIÓN DE TRABALLO DE XANEIRO DA XUNTA DIRECTIVA

A xunta directiva ten a intención de reunirse unha vez ao mes para organizar o traballo, e nas que se intentará impulsar, coordinar, gestionar e supervisar todas as actuacións orientadas a consecucion dos fines definidos no noso proxecto.
Tal e como vos comentamos na Asamblea e como se recolle no proxecto, as reunión se intentarán levar a cabo na primeira semana de cada mes e se farán públicos os contidos a tratar por se algún asociado está interesado en asistir e contribuir coas suas ideas. Non podemos olvidar que o ANPA somos todos, non só os membros da xunta directiva, e nos encantaría que participárades activamente no proxecto.

A reunión de traballo de Xaneiro, será o venres día 13, ás 17.15 h. Gústaríanos que os pais interesados en asistir no lo comunicaran canto antes e así ter en conta o número de asistentes para decidir o lugar da reunión.

Os temas puntos a tratar serían:
* Lectura e aprobación da acta anterior
* Revisión dos pagamentos do primeiro trimestre
* Proposta de actividades para o segundo cuadrimestre
* Balonmano: situación actual
* Carnet de socio
* Necesidade de un ordenador para a xestión do ANPA
* Informar sobre a reunión de Zonificación de FOAMPAS
* Varios.
* Rogos e Preguntas

Tal e como fixemos cas outras reunións e asambleas, e cumplindo co noso compromiso de fluidez de información, faremos públicas as decisións tomadas.

POR FAVOR, COMUNICADENOS A VOSA INTENCIÓN DE ASISTIR PARA ASÍ AXUSTAR O LUGAR DA REUNIÓN.