xoves, 23 de febreiro de 2017

FALADOIRO. ESCOLAS CREATIVAS

Seguimos cos faladoiros. Agora desde FOANPAS propoñen a lectura do libro

"ESCUELAS CREATIVAS.
 LA REVOLUCION QUE ESTA TRANSFORMANDO LA EDUCACION"

Un dos autores do libro é Ken Robinson, educador, escritor e conferenciante. Doutor pola Universidade de Londres, está considerado un experto en asuntos relacionados oa creatividade, a calidade do ensino, a innovación e os recursos humanos.

Neste libro presenta solucións innovadoras a un dos problemas máis relevantes da nosa sociedade: como transformar un sistema educativo caduco. En FOAMPAS teñen a vosa disposición algúns exemplares que podedes solicitar en préstamo no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com.

En maio celebrarase o faladoiro. ANIMADEVOS.

martes, 21 de febreiro de 2017

DIA DE ROSALÍA

Dende o Concello facilitannos esta información das actividades que se están a levar a cabo polo día de Rosalía.






PONTES PARA A INCLUSION: TDAH

Vos recordamos as Xornadas e o Taller sobre TDAH, que se levará cabo a principios de Marzo en FOAMPAS. É un tema moi candente e moi interesante. ANIMADEVOS.


luns, 6 de febreiro de 2017

PROPOSTA DE NOVAS ACTIVIDADES PARA O ÚLTIMO TRIMESTRE.


Neste último trimestre intentaremos introducir alguna actividade nova que nos propuxechedes, e que se levarán a cabo se hai nenos sufientes apuntados. A proposta é a seguinte:

ABACO: Martes  de  16:00 a 17:00h. 15€/mes

TEATRO: Luns de  17:00 a 18:00 h.  15€/mes

JUMPING CLAY: Mércores, de 17:00 a 18:00 h. 18€/mes (incluíndo todos os materiais)

Os interesados nestas actividades podedes matricular os vosos fillos podedes entregar a ficha de inscripción de actividades extraescolares como sempre no buzón da nosa ANPA, na oficina, ou enviala por mail. A ficha podedela descargar desde aquí ou recollela na oficina. O plazo para estas novas matrículas será hasta o 17 de Febreiro, despois vos notificaremos ás actividades que teñen nenos suficientes como para levalas a cabo. As actividades comenzarían en Marzo.


Tamén estabamos pensando en ofrecer clases de ZUMBA PARA PAIS E NAIS que queiran asistir, dous días á semana. Pero necesitábamos saber quen estaría interesado, e si preferides pola maña, as 9.15 h (cando deixamos ós nenos), ou pola tarde ás 16:00h. Rogamosvos, os que esteades interesados, notifiquedes por whatsapp ou por mail a vosa preferencia, así saberemos si hai xente suficiente como para levar a actividade adiante e en que horario poderían asistir máis persoas.