O pasado 1 e 2 de
abril a ANPA os irmandiños organizou dúas sesións de introdución
á programación para nenos coa páxina web CODE.ORG.
Esta páxina foi creada por unha ONG estadounidense co obxectivo de facilitar a
entrada ao mundo da programación aos nenos, para minimizar a fenda
de xénero nas materias tecnolóxicas (Según
un estudio realizado precisamente pola ONU en 14 países, a
probabilidade de que as estudantes rematen unha licenciatura, mestrado e doutorado nalgunha materia relacionada coa ciencia é do 18%, 8% e 2%, respectivamente, mentres que a probabilidade para os estudantes masculinos é do 37%, 18% e
6%.)
O obradoiro, que se
fixo na aula TIC, tivo moito éxito entre as nenas e nenos, e pasárono xenial cos desafíos que propón a páxina web, e que se poden resolver movendo bloques coas instrucións a mandar aos diferentes
personaxes. A case todos os asistentes se lles fixo moi curta a
sesión, e con ganas de repetir.
Lembrámoslle a nais e pais que poden practicar en casa coas súas fillas e fillos en www.code.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario