sábado, 24 de outubro de 2020

E si non hai Anpa que?


 


E se non hai ANPA, ¿qué?


Ola a todxs

Tal como xa comunicamos, este ANPA iniciou  un proceso de eleccións para renovar a xunta directiva. A día de hoxe ninguén mostrou interés por participar na ANPA. Queremos puntualizar que pasaría si non houbera ANPA, tanto para aqueles que son socios como para aqueles que consideran que non é necesario ser socio da ANPA. 

Tamén queremos remarcar a importancia de facerse socio da ANPA para que o funcionamento de todo isto poida seguir adiante. Entendemos que este ano é diferente polo que estamos a vivir, e o número de socios é moi baixo, pero queremos que saibades que a ANPA non son só actividades extraecolares. Os socios son a parte fundamental da ANPA.

1) Non habería aula matinal: a aula matinal existe gracias a ANPA, sen ANPA deixaría de prestarse este servicio tan necesario para a conciliación familiar. 

2) Non habería  actividades extraescolares: a xestión de todas as extraescolares  realízaas  a  ANPA. Sin ANPA podemos esquecernos de patinaxe, natación, robótica, baile, etc. Ademáis o precio nesas actividades é moi reducido grazas as xestións que realiza a ANPA.

3) Non habería colaboracións coa escola:  todas as colaboración coa escola, tanto económicas (diñeiro para compra de material, obradoiros diversos, festas do magosto, nadal, excursións, entradas de cine, etc) como doutro tipo (reclamando as institucións cousas necesarias como representantes de todos os pais, propondo diversos tipos de obradoiros e charlas, o proxecto de igualdade do curso pasado,) Disto beneficianse todos os alumnos da escola sexan socios ou non, e non sería a nosa intención segregar ao alumnado por estar ou non asociado.

4) Non habería comunicacón coa escola: como ANPA recibimos as queixas e suxestións dos  pais transmitindollas á dirección da escola. Sen ANPA isto tampouco sería posible. Un dos nosos obexctivos dende o principio era estreitar os lazos entre toda a comunidade educativa.

5) Non habería festas: tanto as festas organizadas pola ANPA (fin de curso, chocolatada de Nadal,..) como aquelas organizadas pola escola e nas cales colaboramos (magosto comprando castañas e asándoas, os caramelos de Nadal e axuda na preparación das función dos nenos, entroido. Sen ANPA non  habería ningún tipo de evento festivo, dos cales disfrutan todos os nenos da escola sexan socios ou non.

6) No habería comunicación co concello e administracións: a  ANPA encargase de  reivindicar melloras para a escola facendo escritos e recollendo firmas para presentar nas diferentes administracións. A veces é difícil conseguir cousas pero sen ANPA seríamos inexistentes e non nos terían  en conta. 

7) Non habería  subvencions nin convenios de colaboración: a ANPA  encárgase de pedir subvencions e buscar convenios de colaboración para poder realizar actividades a un precio menor (festas, extraescolares, obradoiros, charlas etc). Todos os anos a ANPA presenta proxectos ás administracións para recibir subvencións de extraescolares, proxectos de igualdade,etc. Sen ANPA isto  perderase.

8) Non habería contratación de seguros: para todas as actividades que se realizan pola ANPA hai una contratación de seguros de responsabilidad civil e de accidentes. Sen ANPA isto tampouco sería posible

9) E moito máis: e máis accións que aínda que  sexan menores son tamén relevantes para o día a día dos nosos fillos.

Reflexionemos se estamos dispostos ou non a ter unha escola sen ANPA. Por tanto se alguen quere dar un paso adiante e colaborar aínda que sexa  mínimamente na ANPA (mínimamente significa comprometerse por exemplo a facer unha pequena tarefa xa sexa presencial ou non) que se poña en contacto con calquera dos membros da xunta directiva actual o antes posible.

Polo tanto na reunión do próximo venres 30 necesitamos concretar a situación e que haia un mínimo número de persoas que estean dispostas a colaborar dentro da directiva como vogais.

O paso seguinte será convocar unhas novas eleccións en Xaneiro ás que esperamos que por responabilidade colectiva de todas as nais e pais se presenten candidaturas.

Grazas a todxs

ANPA Os Irmandiños