un ano máis o Anpa facilita a conciliación durante os meses de verán cun campamento no cole. este ano o levaremos a cabo coa empresa Ludiland, tendes aqui toda a información.
Este blog quere ser un medio de información e comunicación das familias do CEIP o Rocío. A nosa oficina está na planta baixa do colexio vello. contacta: anpaosirmandinhos@gmail.com tel: 604026358
luns, 6 de xuño de 2022
mércores, 11 de maio de 2022
Renovación da xunta directiva
RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS E PROCESO ELECTORAL Estimadas familias, Chegando ó final deste curso e como vos avanzábamos no punto 4, do orde do día da asamblea extraordinaria celebrada o 29/04/2022, é preciso a renovación do equipo directivo da ANPA, e por iso convocarase unha asamblea para elixir un novo equipo directivo, xa que os compoñentes actuáis non seguiran formando parte da xunta directiva por mor da renuncia voluntaria ó seu cargo. CANDIDATURAS Todas as candidaturas presentadas deberán ser candidaturas CONXUNTAS: As candidaturas CONXUNTAS son as formadas por un grupo de socios/as que se unen para presentarse como grupo, elexindo cada un dos socios integrantes un posto dentro da Xunta Directiva. Segundo os estatutos da Asociación deberá ter cubertos, polo menos, os seguintes postos, de forma obrigatoria: President@, Vicepresident@, Tesoreir@ e Secretari@; ademáis, poderán existir tantos postos de vogais como se estime oportuno, sen límite nin por exceso nin por defecto. Polo tanto, as candidaturas conxuntas deberán estar formadas por, alomenos, catro membros. Todo aquel membro socio/a, que esté ó corrente de pago, ten dereito a presentarse como candidato. Animámosvos a todos/as a que presentedes candidatura, e poñades en marcha os vosos proxectos e ideas. Compre ter en conta que calquera cargo, sexa o que sexa, dentro da Xunta Directiva, require dunha mínima dedicación de tempo por parte dos seus integrantes, xa que diso DEPENDE O BO FUNCIONAMENTO das actividades extraescolares, da aula matinal, campamentos nas vacacións… así como moitas outras xestións habituais que as ANPAS realizan: promover as boas relacións entre a Directiva/Docentes coas familias colaborando en proxectos co centro, representación no consello escolar do centro, atención ás familias dende o local da ANPA, xestión de subvencións, xestión económica e administrativa da asociación, representación da asociación perante calquera organismo e nas reunións coa Federación de ANPAS do municipio, información e promoción de actividades formativas e culturais, axuda á escola naquelas actividades en que se require, etc. QUEREMOS RECORDARVOS QUE TODAS AQUELAS ACTIVIDADES XESTIONADAS POLA ANPA COMO A AULA MATINAL, AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES, OS CAMPAMENTOS OU AS ACTIVIDADES CULTURAIS REALIZADOS COA ESCOLA, QUEDARIAN SEN REALIZAR, SE NINGUÉN SE FAI CARGO DA ANPA. PROCESO PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS E ELECCIÓNS Todos aqueles socios e/ou socias da ANPA que esteades interesados en presentar candidatura pechada para formar parte da Xunta Directiva da Asociación, poderedes facelo, cubrindo o impreso ó efecto (dispoñible na oficina e no blogue na zona de documentos descargables), dende o próximo día 19 de Maio ó 25 de Maio de 2022. Poderedes entregalo en man no local da ANPA, ou depositar na nosa caixa de correo. Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas, éstas expoñeranse públicamente no taboleiro de anuncios da ANPA no centro, así como no blogue da asociación https://anpaosirmandinhos.blogspot.com.es/ e enviarase por ABALAR co fin de publicitar ó máximo as candidaturas entre os socios/as. O período de publicación será do 26 de Maio ó 01 de Xuño de 2022. Cando finalice o período de publicación de candidaturas, convocarase ós socios a unha asamblea extraordinaria o venres día 03 de Xuño de 2022 para a presentación e votación das candidaturas. Desta asemblea sairá a Xunta Directiva da ANPA Os Irmandiños para o período 2022-2024. RESUMO 04 de Maio ó 18 de 2022 período de publicación do proceso de electoral. Do 19 de Maio ó 25 de Maio de 2022 prazo de presentacións de candidaturas conxuntas. Do 26 de Maio ó 01 de Xuño de 2022 período de publicación das candidaturas. 03 de Xuño de 2022 asemblea extraordinaria. Recordamos que é necesario estar ó día nos pagos para poder votar e poder ser elexido/a. ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR E ASÍ COLABORAR DE FORMA ACTIVA POLA EDUCACIÓN DOS NOSOS FILLOS. Moitas grazas e un saúdo, ANPA Os Irmandiños