martes, 7 de marzo de 2017

FOLGA DO ENSINO 9 DE MARZO

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, da que forman parte as organizacións CONFAPA-GALICIA, FE-CCOO de Galicia, FeSP-UGT, Sindicato de Estudantes, ESCOLA VIVA e IESGA, máis STEG, facemos un chamamento á folga a toda a comunidade educativa o vindeiro 9 de marzo.

Se optades por non levar os nenos ao Colexio para secundar a folga, non vos olvidedes de avisar ó Centro. Tamén vos informamos das duas manifestacións convocadas, e os facilitamos o comunicado con todala información.


O goberno afirma e anuncia que está disposto a acadar unha lei educativa de consenso. Pero a realidade demostra o contrario poñendo todas as trabas posibles a calquera iniciativa que acabe co a LOMCE. En primeiro lugar a subcomisión parlamentaria, que ten unha vixencia de seis meses, leva paralizada xa máis de dous; ademais modificou o seu obxectivo, que xa non será configurar unha nova lei senón un documento sobre a estratexia 2020, que quizas sirva para unha nova lei, ou non.
Simultaneamente acorda acudir ao Tribunal Constitucional para intentar anular o acordo do Congreso polo que se impulsa a paralización da LOMCE, opóndose á vontade da comunidade educativa de derrogar a LOMCE e acadar unha nova lei educativa, a pesar da súa situación minoritaria no Congreso dos Deputados. Actúa desprezando á comunidade educativa e ao poder lexistativo onde reside o poder popular.

Ademais, o retraso nos orzamentos do estado, así como o escaso incremento das partidas dedicadas a educación nos orzamentos galegos impiden a reversión dos recortes en educación non garantindo a igualdade de oportunidades e afondando na desigualdade.

Semellante forma de proceder non pode quedar sen resposta. A loita debe seguir realizándose en todos os niveis (desde Educación Infantil ata a Universidade) e por todos os integrantes da comunidade educativa (alumnado, pais e nais, profesorado, cadros de persoal dos centros educativos,), para seguir esixindo: derrogación da LOMCE e diálogo cos axentes sociais para acadar unha nova lei consensuada política e socialmente; reversión dos recortes; incremento dos orzamentos dedicados a educación; recuperación dun sistema de becas que garanta a igualdade de oportunidades; eliminación das contrarreformas universitarias e das prácticas non remuneradas en FP; recuperación dos cadros de persoal; dignificación das condicións laborais dos profesionais do ensino; freo á privatización do sistema educativo; baixada de ratios; superación de políticas normalizadoras que contribúan á recuperación e pervivencia da lingua galega, etc.

Por estes motivos, A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia convoca folga xeral educativa, en todas as etapas, desde Infantil ata a Universidade, o próximo 9 de marzo, chamando a todos os sectores da comunidade educativa a apoiala. Extendemos este chamamento a todos os representantes de todos os niveis e sectores do ámbito educativo para acadar unha convocatoria de folga de carácter unitario.

NON Á LOMCE!
NON AOS RECORTES EN EDUCACIÓN!
POR UNHA ESCOLA PÚBLICA INCLUSIVA E DE CALIDADE

Programa de actos Vigo con motivo do "8 de marzo", Día Internacional das Mulleres

Bo día, lembramos o programa de actos que a Concellería de Igualdade, en colaboración co Consello Municipal da Muller de Vigo, organiza no mes de marzo con motivo da conmemoración do "8 de marzo", Día Internacional das Mulleres.

Entre as diversas actividades e actos que se organizan, destacamos as seguintes:

Entrega do V Premio de Igualdade "Ernestina Otero" a Dona. Rosa Cobo Bedia

- Proxeccións de filmes
Recital aberto de poesía de xénero
Pleno específico do Consello Municipal da Muller

Contacontos de igualdade para cativas e cativos

Concerto a cargo de Uxía Senlle

Para obter máis información do programa, pódese visitar a  paxina web www.igualdadevigo.org ou redes sociais facebook e twitter "igualdadevigo".

xoves, 23 de febreiro de 2017

FALADOIRO. ESCOLAS CREATIVAS

Seguimos cos faladoiros. Agora desde FOANPAS propoñen a lectura do libro

"ESCUELAS CREATIVAS.
 LA REVOLUCION QUE ESTA TRANSFORMANDO LA EDUCACION"

Un dos autores do libro é Ken Robinson, educador, escritor e conferenciante. Doutor pola Universidade de Londres, está considerado un experto en asuntos relacionados oa creatividade, a calidade do ensino, a innovación e os recursos humanos.

Neste libro presenta solucións innovadoras a un dos problemas máis relevantes da nosa sociedade: como transformar un sistema educativo caduco. En FOAMPAS teñen a vosa disposición algúns exemplares que podedes solicitar en préstamo no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com.

En maio celebrarase o faladoiro. ANIMADEVOS.

martes, 21 de febreiro de 2017

DIA DE ROSALÍA

Dende o Concello facilitannos esta información das actividades que se están a levar a cabo polo día de Rosalía.






PONTES PARA A INCLUSION: TDAH

Vos recordamos as Xornadas e o Taller sobre TDAH, que se levará cabo a principios de Marzo en FOAMPAS. É un tema moi candente e moi interesante. ANIMADEVOS.


luns, 6 de febreiro de 2017

PROPOSTA DE NOVAS ACTIVIDADES PARA O ÚLTIMO TRIMESTRE.


Neste último trimestre intentaremos introducir alguna actividade nova que nos propuxechedes, e que se levarán a cabo se hai nenos sufientes apuntados. A proposta é a seguinte:

ABACO: Martes  de  16:00 a 17:00h. 15€/mes

TEATRO: Luns de  17:00 a 18:00 h.  15€/mes

JUMPING CLAY: Mércores, de 17:00 a 18:00 h. 18€/mes (incluíndo todos os materiais)

Os interesados nestas actividades podedes matricular os vosos fillos podedes entregar a ficha de inscripción de actividades extraescolares como sempre no buzón da nosa ANPA, na oficina, ou enviala por mail. A ficha podedela descargar desde aquí ou recollela na oficina. O plazo para estas novas matrículas será hasta o 17 de Febreiro, despois vos notificaremos ás actividades que teñen nenos suficientes como para levalas a cabo. As actividades comenzarían en Marzo.


Tamén estabamos pensando en ofrecer clases de ZUMBA PARA PAIS E NAIS que queiran asistir, dous días á semana. Pero necesitábamos saber quen estaría interesado, e si preferides pola maña, as 9.15 h (cando deixamos ós nenos), ou pola tarde ás 16:00h. Rogamosvos, os que esteades interesados, notifiquedes por whatsapp ou por mail a vosa preferencia, así saberemos si hai xente suficiente como para levar a actividade adiante e en que horario poderían asistir máis persoas.