A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, da que forman parte as organizacións CONFAPA-GALICIA, FE-CCOO de Galicia, FeSP-UGT, Sindicato de Estudantes, ESCOLA VIVA e IESGA, máis STEG, facemos un chamamento á folga a toda a comunidade educativa o vindeiro 9 de marzo.
Se optades por non levar os nenos ao Colexio para secundar a folga, non vos olvidedes de avisar ó Centro. Tamén vos informamos das duas manifestacións convocadas, e os facilitamos o comunicado con todala información.
O goberno afirma e anuncia que está disposto a acadar unha lei educativa de consenso. Pero a realidade demostra o contrario poñendo todas as trabas posibles a calquera iniciativa que acabe co a LOMCE. En primeiro lugar a subcomisión parlamentaria, que ten unha vixencia de seis meses, leva paralizada xa máis de dous; ademais modificou o seu obxectivo, que xa non será configurar unha nova lei senón un documento sobre a estratexia 2020, que quizas sirva para unha nova lei, ou non.
Simultaneamente acorda acudir ao Tribunal Constitucional para intentar anular o acordo do Congreso polo que se impulsa a paralización da LOMCE, opóndose á vontade da comunidade educativa de derrogar a LOMCE e acadar unha nova lei educativa, a pesar da súa situación minoritaria no Congreso dos Deputados. Actúa desprezando á comunidade educativa e ao poder lexistativo onde reside o poder popular.
Ademais, o retraso nos orzamentos do estado, así como o escaso incremento das partidas dedicadas a educación nos orzamentos galegos impiden a reversión dos recortes en educación non garantindo a igualdade de oportunidades e afondando na desigualdade.
Semellante forma de proceder non pode quedar sen resposta. A loita debe seguir realizándose en todos os niveis (desde Educación Infantil ata a Universidade) e por todos os integrantes da comunidade educativa (alumnado, pais e nais, profesorado, cadros de persoal dos centros educativos,), para seguir esixindo: derrogación da LOMCE e diálogo cos axentes sociais para acadar unha nova lei consensuada política e socialmente; reversión dos recortes; incremento dos orzamentos dedicados a educación; recuperación dun sistema de becas que garanta a igualdade de oportunidades; eliminación das contrarreformas universitarias e das prácticas non remuneradas en FP; recuperación dos cadros de persoal; dignificación das condicións laborais dos profesionais do ensino; freo á privatización do sistema educativo; baixada de ratios; superación de políticas normalizadoras que contribúan á recuperación e pervivencia da lingua galega, etc.
Por estes motivos, A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia convoca folga xeral educativa, en todas as etapas, desde Infantil ata a Universidade, o próximo 9 de marzo, chamando a todos os sectores da comunidade educativa a apoiala. Extendemos este chamamento a todos os representantes de todos os niveis e sectores do ámbito educativo para acadar unha convocatoria de folga de carácter unitario.
NON Á LOMCE!
NON AOS RECORTES EN EDUCACIÓN!
POR UNHA ESCOLA PÚBLICA INCLUSIVA E DE CALIDADE
Ningún comentario:
Publicar un comentario