FOANPAS organiza as “I Xornadas de Convivencia” de FOANPAS o vindeiro sábado 1 de abril no Centro Cultural de Matamá, sito en r/ dos Canteiros 53 – Matamá (Vigo). Esta dará comezo ás 9:00 horas da mañá ata as 14:00 horas da tarde.
Son unhas xornadas dirixidas á comunidade educativa dos centros de ensino público nas que falaremos de maneira aberta de acoso escolar, transexualidade infantil e prostitución. As persoas encargadas das ponencias porán enriba da mesa a súa profesionalidade e as súas experiencias co obxectivo de provocar a reflexión entre as persoas que asistan e se cree debate.
Os/as interesados/as podedes inscribirvos vía telefónica: 986298812 ou vía correo electrónico: foanpas@foanpas.com antes do vindeiro 30 de marzo.
Contaremos tamén con servizo de ludoteca para nenos/as de 3 a 12 anos (previa inscrición) e se hai un mínimo de nenos/as anotados/as.
Ningún comentario:
Publicar un comentario