XXVIII
CROSS ESCOLAR PARROCO DON CAMILO
O próximo 26 de marzo celebrase unha carreira organizada pola ANPA do CEIP Párroco Don Camilo. A inscrición é gratuíta e vos deixamos o regulamento para que lle votedes un ollo. Tamén aparecen categorías, distancias e horarios.
Se estades interesados podedes inscribirvos na nosa ANPA enviando un mail a anpaosirmandinhos@gmail.com , deixando un aviso no buzón, ou no noso local, en donde fagades constar nome, apelidos e data de nacemento. Así inscribiremos os participantes do noso centro todos xuntos, e se nos facilitou un formulario de inscripción grupal para tal fin. . Recordade que a fecha límite é o venres 23, polo que nos cerraremos o noso plazo o xoves 22 de marzo.
REGULAMENTO, HORARIOS E DISTANCIAS
-
A Anpa
do CEIP Párroco Don Camilo, en
colaboración co Concello de Vigo, Comesaña Sporting Club e a Agrupación Xóvenes Atletas, organiza o
XXVIII Cross Escolar Párroco Don Camilo, que se celebrará o día 26 de marzo de
2017 a partir das 10:30 horas no propio
centro escolar, así como nos arredores do mesmo.
-
A carreira organízase aberta para
todol@s nen@s nados
entre os anos 2004 e 2013, ambos inclusive. Todol@s nen@s estarán
asegurados por un seguro de accidentes contratado por esta ANPA.
-
As inscricións, son de balde, deberán facerse
no enderezo de correo electrónico anpaparrocodoncamilo@hotmail.com. Poñendo o
nome e apelidos e a data de nacemento. A
inscrición de tódalas categorías pecharase sen excepción ás
00:00 horas do día 23 de marzo de 2017. Toda solicitude de inscrición
chegada con posterioridade a dito peche será rexeitada.
-
A Anpa do CEIP Párroco Don Camilo non se
responsabiliza dos danos físicos e/ou morais sufridos como consecuencia da
participación nesta proba. Todo
participante no XXVIII Cross Escolar Párroco Don Camilo acepta sen reserva
algunha todo o reflectido neste regulamento. Asimesmo, consinte na toma de
imaxes, que pasarán a formar parte da páxina web www.crossparroco.es e ás que se lles
poderá dar un uso promocional das actividades organizadas por esta ANPA.
-
Os dorsais serán entregados pola
organización na zona de saída da proba,
sita no interior do recinto escolar, ata
media hora antes do comezo da proba da categoría correspondente.
-
Entregaránse trofeos ós Primeiros clasificados
de cada categoría, en ambos sexos, e medallas a tódolos participantes.
-
Na carreira de Nais e Pais, so poderán
participar, nais e pais que teñan nen@s que participen neste
cross.
-
As categorías en competición, orde de saída e
distancias serán ( dependendo do número de participantes, poderán agruparse
varias categorías nunha mesma carreira):
DISTANCIAS Y HORARIOS
DISTANCIAS HORARIOS
-INFANTIL FEMENINO ------------------- 04-05 1100 metros 10:30
-INFANTIL MASCULINO ----------------- 04-05
1600 metros 10:40
-ALEVÍN FEMENINO
---------------------- 06-07 800 metros 10:55
-ALEVÍN MASCULINO -------------------- 06-07
1100 metros 11:05
-BENXAMÍN FEMENINO ----------------- 08-09
500 metros 11:15
-BENXAMÍN MASCULINO --------------- 08-09
800 metros 11:25
-PREBENXAMÍN FEMENINO ----------- 10-11
500 metros 11:35
-PREBENXAMÍN MASCULINO --------- 10-11
500 metros 11:45
-NAIS
---------------------------------------------------- 500 metros 11:55
-PAIS
----------------------------------------------------- 1100 metros 12:05
-PITUFOS 4 AÑOS FEMENINO ---------- 2012 200 metros 12:15
-PITUFOS 4 AÑOS MASCULINO -------- 2012 200 metros 12:20
-PITUFOS 3 AÑOS FEMENINO --------- 2013 100
metros 12:25
-PITUFOS 3 AÑOS MASCULINO ------- 2013 100 metros 12:30
-ENTREGA DE TROFEOS ------------------------------------------------------ 13:00
Ningún comentario:
Publicar un comentario