xoves, 23 de marzo de 2017

TEATRO PARA NENOS NO FIN DE SEMANA


Tendes ganas de ir ó Teatro? Pois temos unha proposta moi interesante da man de MIGALLAS TEATRO.

En Canta connosco! combina cancións do disco do mesmo nome coas accions dramáticas. Os temas que tratan son: o cuidado de mascotas, consumismo na merca de xoguetes, a importancia da lectura frente á TV ou videoxogos, a importancia da imaxinación, cancións que axudan a estudar... etc. Neste espectáculo as cancións que soarán son: Dime que fixeches”, “O esqueleto”, “O libro máxico”, y “Ai, Patín”.
Podedes disfrutar deste espectáculo na Sala Artika de Vigo:
FECHA         HORA    ESPECTÁCULO              COMPAÑÍA                 PRECIO

25/03/2017    18:00   CANTA CONNOSCO!   MIGALLAS TEATRO          Entrada Taquilla 6€/Bono familiar 5€
26/03/2017    18:00   CANTA CONNOSCO!   MIGALLAS TEATRO          Entrada Taquilla 6€/Bono familiar 5€

Deixovos unha mostra do traballo de Migallas Teatro: Dime que fixeches. Xa veredes como estaredes tarareandoa todo o día!!!




Podedes facer a reserva de entradas no tlf 667 808 674 e poden collerse a través da web www.artikavigo.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario