Unha das
novas propostas para este ano é a realización de diferentes eventos solidarios
como recollida de xoguetes, recollida de alimentos, posta en marcha dun Banco
de Roupa,… e así concienciar e traballar sobre o concepto de solidaridade cos
menos favorecidos do noso entorno. Así que tendo en conta as fechas nas que
estamos e apelando ó espíritu do Nadal, comezamos ca nosa primeira campaña solidaria:
A RECOLLIDA DE XOGUETES.
Falamos ca
Asociación VIDA DIGNA, que ten a sede na Rua do Brasil, 54 de Vigo. Creouse en
2005 e acolle, asesora e apoia a
familias que o necesitan. Entre outras actividades, ofrece roupa e
alimentos, pero seguro que moitos a coñecedes pola campaña do Nadal que fan
todos os anos en Toys ur us. Se queredes saber máis desta asociación podedes visitar
a súa páxina http://www.vidadignavigo.com/
CONTAMOS CON VOS!!!