luns, 28 de novembro de 2016

I RECOLLIDA DE XOGUETES

Unha das novas propostas para este ano é a realización de diferentes eventos solidarios como recollida de xoguetes, recollida de alimentos, posta en marcha dun Banco de Roupa,… e así concienciar e traballar sobre o concepto de solidaridade cos menos favorecidos do noso entorno. Así que tendo en conta as fechas nas que estamos e apelando ó espíritu do Nadal, comezamos ca nosa primeira campaña solidaria: A RECOLLIDA DE XOGUETES.

Podedes colaborar levando algún xoguete que os vosos fillos xa non usen, e deixándoo nunha Caixa que estará na entrada principal do centro, do 1 ao 15 de Decembro. Os xoguetes que entreguedes non teñen porque estar novos, por suposto, pero sí en bo estado, limpos e completos. Pensade que son para entregar a outros nenos o día do Nadal, e pretendemos debullar sorisos nas suas cariñas.

Falamos ca Asociación VIDA DIGNA, que ten a sede na Rua do Brasil, 54 de Vigo. Creouse en 2005 e acolle, asesora e apoia a  familias que o necesitan. Entre outras actividades, ofrece roupa e alimentos, pero seguro que moitos a coñecedes pola campaña do Nadal que fan todos os anos en Toys ur us. Se queredes saber máis desta asociación podedes visitar a súa páxina http://www.vidadignavigo.com/

Vamos a doar os xoguetes que recollamos a esta asociación, quen os revisará, catalogará é repartirá as familias que o necesiten, para que a maxia do Nadal chegue a todos os fogares. 


CONTAMOS CON VOS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario