Os Estatutos son a base pola que se rixe a asociación, de ahí a súa importancia; e teñen que estar legalizados. Non atopamos ningunha copia que cumpra estes requisitos nin na oficina, nin no colexio, nin en FOANPAS, nin tampouco na propia Xunta, polo que debemos iniciar o proceso para legalizalos.
Os Estatutos os podedes atopar nos documentos descargables deste blog, e dispoñedes de 10 días para presentar as propostas ou enmendas que consideredes oportunas. Estas complementarán o texto proposto e volas faremos chegar cun mínimo de 3 días antes da Asamblea Xeral Extraordinaria, na que se procederá ó seu debate e aprobación e que se celebrará o día 9 de maio, no comedor do centro. as 17:00 h. en primeira convocatoria e 17.30 h. en segunda. Será despois da Asamblea onde se trata o tema da excursión a Cies. Así que teremos unha tarde completa!
Recordamosvos que ofrecemos servicio de ludoteca para facilitar á asistencia, baixo petición.
Podedes descargar as convocatorias das dúas reunións AQUÍ
Dado a importancia dos temas a tratar en ambalas duas asambleas, rogamos a vosa asistencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario