Recordades o XXXVIII Cross Escolar Mosteiro de Bembrive?
Tres foron os alumnos do noso centro que quixeron participar. Asheber Díaz e máis a súa irmá Lola na categoría de alevíns, e Gael Lema na categoría de Pitufos.
O bo destas actividades é participar, todos o sabemos moi ben, e a satisfacción de chegar a meta dando o millor de nós , sen rendernos; levantandonos se temos a mala sorte de caer, seguir adiante, e acabar a carreira sabendo que o noso esforzo podenos levar moi lonxe.
Pero ademáis, neste caso, o esforzo de Asheber veuse premiado cun trofeo que luce moi orgulloso, pois quedou na cuarta posición. Dende aquí, os nosos parabens!
Ningún comentario:
Publicar un comentario