domingo, 28 de maio de 2017

CHARLA: AZUCAR E SAUDE INFANTIL

¿ Cánto azucar tomamos na nosa dieta? ¿Cánto azucar toman os nosos fillos? Moitos intentamos controlar a cantidade de dulce que toman os nenos pero... ¿Realmente o estamos a facer ben? ¿Qué consecuencias ten para a nosa saude, e sobre todo, para a dos nosos fillos?

Se queredes dar resposta a todas estas preguntas e ademáis atopar alternativas saudables ó noso alcance, non vos podedes perder a charla que nos ofrecerá Elena Rey Fernández, nutricionista e socia da nosa ANPA, que quere compartir con nos os seus coñecementos e intentar aclararnos as nosas dúbidas.

A charla terá lugar o día 6 de xuño, as 16:00 h. no comedor do centro, e como sempre, para facilitar a vosa asistencia, contaremos con servicio de ludoteca (recordade que para usar este servicio debedes inscribir ós nenos antes do día 2 de xuño)



Ningún comentario:

Publicar un comentario