mércores, 7 de xuño de 2017

III MARCHA SOBRE RODAS _ 18 XUÑO

O vindeiro 18 de Xuño celebrarase en Vigo a III Marcha sobre rodas. Un acto moi importante para todalas persoas que forman parte do colectivo de ASPACE en toda Galicia.

PERCORRIDO

A marcha terá un percorrido de 3,6 km entre Bouzas e o VERBUM en Samil. As bicicletas que o desexen terán un percorrido adicional que se ampliará ata Canido.

HORARIO

10:00-11:45.- Acreditacions e recollida de material (Posiblemente  habilitarase o día anterior un punto de acreditación)
11:45-12:00.- Saida da Marcha. Dará a saida o padriño elexido para este evento.
12:00-13:30.- Marcha sobre rodas.
13:30-14:15.- Lectura de manifiesto, sorteo de agasallos entre os participantes e palabras das autoridades presentes.
14:15-16:30.- Xantar

¿QUE RECIBIRÁN OS PARTICIPANTES?

A todolos participantes se lles entregará unha camiseta, unha bolsa-mochila, información sobre as entidades ASPACE e os seus proxectos e un dorsal co que poderán participar nos sorteos e recoller de forma gratuita o xantar.

FIN SOLIDARIO

Todos os cartos que se recauden na marcha a través da venta de chapas, donativos, aportacións e outros medios, destinaranse á procura de apoio e material adaptado para persoas con Parálisis Cerebral.

 ¿CÓMO INSCRIBIRSE?

Calquera pode inscribierse a través do seguinte link.  https://goo.gl/forms/jDKYCNdrCrCbdi8f1
Despois da grande acollida da II Marcha sobre rodas realizada no 2016 en A Coruña, ASPACE Galicia (Federación Galega de Parálise Cerebral e/o Patoloxías Afíns) traslada a III Marcha sobre rodas á cidade de Vigo, o vindeiro 18 de xuño de 2017. Na marcha poderán participar bicicletas, triciclos, patíns, patinetes, cadeiras de bebés, cadeiras de rodas, así como persoas a pé que poidan ser acompañantes das persoas con discapacidade. A participación está aberta a nenos/as, mozos/as e adultos/as de todas as idades e condicións físicas. O percorrido desta III Marcha sobre rodas sairá de Bouzas en Vigo, percorrerá a Avda. Atlántida e a Avda. de Samil, para finalizar diante do Verbum, na praia de Samil. A distancia aproximada do percorrido son 3'6 kms.

FIN REIVINDICATIVO

A marcha pretende reivindicar a mellora da accesibilidade das nosas cidades para potenciar a autonomía das persoas con discapacidade. 

Animamosvos a que lle deades difusión e participedes!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario