luns, 26 de xuño de 2017

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O CURSO 2017-2018

Como sabedes vos enviamos unha enquisa para ver os vosos intereses de actividades para o vindeiro curso e así configurar unha oferta adecuada. Non vos olvidedes deixala no buzón do ANPA antes de rematar o mes. Así temos tempo para organizar as actividades e horarios, contactar cos monitores, adecuar espacios... para presentarvolas a principios de setembro.

Somos conscientes de que as actividades ademáis de axudar a compatibilizar a vida familiar e laboral das familias, completan a formación dos nenos e potencian a formación en valores, fomentan o traballo en equipo, a creatividade…Por eso todos os anos intentamos ampliar a nosa oferta.

Coma sempre, o desenvolvemento das actividades ofertadas se levará a cabo se hai un número mínimo de alumnos. É durante o curso, por mor das baixas, poderiase anular a actividade. Nun principio, e sempre que teñamos alumnos suficientes, manteranse os grupos e actividades do ano anterior, pero podedes suxerir outros días ou horarios.

Ademáis de ter novas propostas de actividades para nenos... este ano tamén queremos presentar actividades  para os pais, como zumba ou pilates!!!!  E temos previsto organizar charlas e obradoiros tamén enfocados para nos, e nos interesaría saber cal é o horario que máis os convén para que podades vir. Por suposto, contaríamos con servicio de ludoteca se hai suficientes nenos apuntados.

As actividades propostas son:

Baile:  axuda ó desenvolvemento da expresión e a creatividade, favorece o oído musical e a linguaxe corporal. Además os nenos e nenas pasano moi ben, e teñen varias exhibicións durante o curso. Fanse dous grupos diferentes, un grupo de infantil e o outro de primaria. Tendo en conta que se traballan coreografías grupais, é importante o compromiso de asistencia.

Música e movemento: Actividade enfocada principalmente para os mais pequenos, en donde se favorece o oído musical, o sentido do ritmo e o contacto con diferentes estilos de música.

Fútbol: Este deporte fomenta o traballo en equipo, o esforzo e desenvolve a condición física e mental. Os alumnos anotados a esta actividade teñen a oportunidade de xogar os fines de semana.


Natación: esta actividade desenvolvese fora das instalación do centro. Levanse a cabo en diferentes horarios na piscina do Carmen (travesas) e nas instalación do Mais que auga  (Navia). O pago é cuadrimestral.



Taekwondo: Este deporte mellora a coordinación, a resistencia, a forza, a flexibilidade, autodisciplina e o traballo en equipo. Ademáis ó final do curso todos aqueles alumnos que acaden o nivel adecuado, poden presentarse o examen para obter o cinturón
Robotica: Esta actividade experimenta ca forza e o movemento, o equilibrio,… misturando de forma divertida ciencia e tecnoloxía. Potencia a creatividade, a atención, a innovación, a eficiencia mediante os recursos de LEGO Educatión. 


Taller de Inglés: Tráballase o idioma mediante actividades lúdicas. Fanse dous grupos diferenciados por idades e os grupos son reducidos para que o aproveitamento do aprendizaxe sea o máximo posible.

Atletismo: Nesta actividade encontramos moitas ventaxes tanto a nivel físico como cognitivo.. Por un lado os ósos fanse mais fortes, mellora o rego sanguíneo e a resitencia ás infeccións, diminue  a grasa corporal e estimula o desenvolvemento muscular e xenera máis hormona do crecimiento. A nivel cognitivo, se aprenden valores como a perseverancia, lealtade, esforzó, cooperación, gañan confianza en si mesmos e aumenta o seu rendemento académico.

Xadrez: é un xogo moi completo que estimula o tanto o hemisferio esquerdo como o dereito do cerebro xa que estimula tanto a estratexia lóxica e precisa, como a creatividade e a imaxinación.  

Balonmano: é un deporte de equipo moi completo que traballa todas as áreas físicas, hai que correr e saltar cas pernas, pasar e lanzar cos brazos, e require moite desgaste de calorías pois require o uso de moita forza, pero tendo en conta que a potencia sen control non serve, así que ademáis traballase a elesticidade e a coordinación.

Novas propostas

Intelixencia Emocional: As emocións influen na forma de pensar e de actuar, nesta actividade búscase a autoconciencia das propias emocions e sentimentos e traballase a autoregulación das mesmas. Tamen traballa a motivación, a empatía e as habilidades sociais.

Ioga: ademáis de divertirse, esta actividade potencia o desenvolvemento físico e psíquico xa que une xogo con relaxación, concentración e equilibrio potenciando a unión con un mesmo e cos demáis.

Ximnasia Ritmica: esta modalidade deportiva fomenta a coordinación, forza muscular, coordinación e flexibilidade combinando movementos de danza e ximnasia, coa utilización de varios elementos como mazas, pelotas, cinta, corda ou aro. Corrixe as malas posturas, aumenta a confianza, fomenta o equilibrio e a concentración e ademáis ensina a importancia do traballo en equipo, o compañerismo e o respeto.


Baloncesto: É un deporte moi divertido e dinámico que alonxa aos nenos do sedentarismo. Proporciona os participantes seguridade en sí mismos, promove a autoestima, favorece a cooperación, o traballo en equipo, o respeto, a toma de decisión con rápidez… mentres realizan actividade física. Moi completo!
 
Abaco: nesta actividade entrénase a resistencia mental e a concentración, a orientación espacial, memoria visual, motricidad fina, e por suposto… facilita o aprendizaxe das matemáticas


Ximnasia Acrobática: potencia o desenvolvemento motor, axuda a estar en mellores condicións físicamente e aumenta a cordinación. Os nenos e nenas poden pasar un rato moi divertido facendo un deporte novedoso no noso centro.


Teatro: Un ano máis propoñemos esta actividade onde os nenos e nenas poden iniciarse na interpretación e no arte dramático. Os alumnos desenvolverán unha obra de teatro mentres fomentan a sua creatividade, o control corporal, e axuda a superar as inseguridades e o medo a falar en público.



Bright Minds: É unha nova actividade para os máis pequenos, de estimulación e desenvolvemento infantil que fomenta o gusto por aprender intuitivamente, xogando ca mente e co corpo, estimulando múltiples intelixencias para o desenvolvemento global do neno.

Jumping Clay: Tendo en conta o éxito que teñen estes obradoiros, decidimos propoñela como actividade continuada. Crea, imaxina e divírtete coa mellor arxila. Traballa e axuda a mellorar a observación e a concentración, estimúlase a imaxinación e a creatividade, aprenden sobre a proporción, simetría, cantidades, planificación de tarefas, etc. Inclúe material e accesorios utilizados.


Podedes consultarnos calquera duda que teñades sobre as actividades por whatsapp (604 02  63 58) ou no noso correo electrónico: anpaosirmandinhos@gmail.com


Ningún comentario:

Publicar un comentario