domingo, 15 de outubro de 2017

EDUCACIÓN CONSCIENTE PARA NENOS DE INFANTIL E PRIMARIA

Un dos compromisos deste ano é aumentar a participación das familias nas actividades que levamos a cabo, e volo vamos a poñer moi fácil, pois comenzamos cunha charla moi interesante e cunha ponente excepcional: MARÍA CARBALLO TUBIO

María é unha profesora do noso centro con formación específica na Educación Emocional, Ioga, Mindfullnes, Técnicas de Relaxación, e Pedagoxía Activa. E como xa saberedes, co proxecto IOA EMOCIONA que levou a cabo no noso centro, foi premiada  polas suas boas prácticas educativas. Colabora na formación de docentes e temos a sorte de poder contar con ela para o noso proxecto.

Vos deixo a continuación a información sobre a charla que nos propuxo, e que será moi interesante. O número de prazas será limitado, por iso é imprescindible que vos inscribades enviando un mail ou un whatsapp ao móvil do ANPA. Contaremos tamén con servicio de ludoteca para os máis cativos, (con inscripción previa) para facilitar a vosa asistencia.

Datos da charla: 


Fecha: Xoves 26 de outubro, ás 17:00h.

Lugar: Sala de música do CEIP Virxe do Rocío


Título: Educación consciente para nenos de infantil e primaria


Contidos:  

Esta charla pretende reflexionar sobre a necesidade de introducir  límites, normas e responsabilidades nos nenos de hoxe. Aprenderemos a maneira de establecer pautas a través de estilos educativos respetuosos e conscientes, para axudar os nenos a desenvolver a súa libertade sin caos.

Poñeremos atención especial aos perigos da sobreestimulación e descubriremos o gran potencial dos entornos naturais para curar ao neno que sufre os síntomas de tantos estímulos.

Coñeceremos ademáis técnicas e recursos para desenvolver calma e tranquilidade na casa, creando ambientes sanos para nenos e para os adultos

¿A que é moi interesante? Non podedes perder esta oportunidade. Contamos ca vosa participación.


Ningún comentario:

Publicar un comentario