Temos que agradecer a María Carballo Tubío a estupenda
charla de EDUCACIÓN CONSCIENTE PARA NENOS DE INFANTIL E PRIMARIA, que puidemos
disfrutar o pasado día 19 de outubro.

puidechedes vir, vos faremos un resume desta estupenda charla.
A primeira reflexión que fixemos foi sobre como aprenden os
neneos e qué factores modifican os momentos educativos, tendo en conta a relación
neno-adulto-obxecto.
As características principais da sociedade na que estamos a
educar aos nosos fillos son a axitación, irritabilidade, inquietude, agresividade,
comodidade, inmediatez… Os nenos están sobre estimulados e seguindo a teoría de
Catherine L’Ecuyer, convirtese nun círculo vicioso no que o neno sin estimulo aburrese,
ponse máis inquieto e necesita novas sensacións, cando lle ofrecemos un
estímulo novo, se tranquiliza temporalmente pero pronto inicia outra vez o círculo
necesitando cada vez un estímulo mais forte, de modo que a estimulación sustitúe
o motor do neno. Así pois temos nenos con estrés, dificultades de atención e
que non saben xestionar de forma axeitada as suas emocións.
Quizáis un punto que preocupa bastante ós pais é como
establecer límites e normas para os nenos que se portan mal. É importante
chegar a acordos consensuando á necesidade da norma e a consecuencia do seu
incumprimento (que debemos levar a cabo sempre, polo que deben ser realistas),
razonando e tendo en conta a personalidade do neno en todo momento. Tamén é
fundamental implantar as normas progresivamente (non todas xuntas), para non
saturar ao neno e a nos mesmos! Porque non é algo instantáneo e leva tempo e esforzo
por todalas partes levalas a cabo.
Así entramos no apartado que dá nome a esta charla, a EDUCACIÓN
CONSCIENTE: comprender, revisar y actualizar a nosa forma de educar tendo en
conta o que é, sente e percibe, tanto o neno como nos mesmos. E o mellor método é a presencia combinada coa
necesidade de non controlar tanto aos nenos. Esto lévanos á reflexión… Cómo
estou máis presente? Estando presente en tempos no estructurados, sendo
flexible e realista, reducindo xoguetes, palabras e estímulos, no identificándonos
cos comportamentos dos nenos (contaxio emocional e neuronas espello), cuidando
o noso sitema nervioso e creando ambientes sans: espacios para a calma, rituales para a
conexión, contemplación da natureza, compartir masaxes, e moitas mais ideas que
podedes descubrir no blog A escola dos sentimentos, onde María comparte con nos
o seu proxecto de aula IOGA EMOCIONA, polo que gañou un premio nacional o ano
pasado de innovación educativa, e que agora intenta levar a cabo en primaria.
Como recomendación especial temos o libro EL CEREBRO DEL
NIÑO, de Daniel J. Segel y Tina Payme
Beyson.
Así pois, agradecemos a María o esforzo que fixo para darnos esta maravillosa charla, e esperamos poder contar con ela no futuro para seguir esta escola de pais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario