domingo, 5 de novembro de 2017

RESUMEN DA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA DO 20-10-2017

O pasado día 20 de Outubro de 2017, no comedor do Centro Escolar, levouse a cabo a reunión da Asemblea xeral ordinaria dos socios e socias do Anpa Os Irmandiños, co seguinte Orde do día:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior
2. Examinar e aprobar a memoria de actividades
3. Examinar e aprobar as contas e balances do exercicio anterior
4. Aprobar o proxecto e o orzamento para este curso 2017-18
5. Seguro de responsabilidade civil e de accidentes
6. Asuntos varios
7. Quenda de preguntas e suxestións

Comezou a reunión lendose a ACTA DA ASAMBLEA ANTERIOR, que se aproba por unanimidade, ó igual que a MEMORIA DE ACTIVIDADES e máis as CONTAS E BALANCES DO EXERCICIO ANTERIOR.

Para o curso vindeiro intentaremos continuar co PROXECTO presentado na nosa candidatura, e levar a cabo os puntos pendentes (vos recordamos que podedes consultar o proxecto na parde dereita deste blog, no apartado de documentos descargables). para levalo a cabo, presentase unha PREVISIÓN DE GASTOS, que é aprobado por unanimidade.

Neste apartado faremos especial mención ó aumento da cantidade de colaboración co centro, pois necesitan comprar unhas estanterias para o hall do centro e para o corredor do primeiro piso. Dende o ANPA contribuiremos cun presuposto de 500 €.

Tamén pretendese este ano facer unha inversión en tódalas actividades extraescolares subvencionando parte do material que necesitan os alumnos ou mercarndo material para mellorar o desenvolvemento da clase. 

Tamén mercanse diversos xogos para que os alumnos do aula matinal podan disfrutar deles nesta espera.

Non podemos olvidar tamén que este ano as actividades extraescolares sufriron unha subida de un euro por alumno, que non será repercutido nos socios, pois se manterá o precio do ano anterior.

Informase que a apertura da oficina do ANPA, salvo casos excepcionais, será os martes e venres de 9:05 a 10:00, e os martes pola tarde de 16:00 a 16:55. Se alguén necesita falar con nos, pode facelo por whatsapp. mail, telefono, ou podemos acordar unha reunión  nun horario específico.

No punto de SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL E DE ACCIDENTES apróbase o cambio de compañía de seguros da póliza de responsabilidade civil mantendo as mesmas condicións.
Acórdase non contratar un seguro de accidentes xa que as necesidades están cubertas, salvo no caso dos nenos de atletismo menores de oito anos para os que se contrata un seguro para cada neno (15€).
En caso de necesidade por algunha actividade concreta, pódese contratar un seguro puntual.

ASUNTOS VARIOS
- Dende a Anpa quérese apoiar ó colexio nas reinvindicacións relativas ás deficiencias e danos no centro, tendo en conta que está a piques de rematar a garantía da empresa constructora e que debería facerse cargo destes arranxos. Outro punto é a falta de personal de apoio para os alumnos con certas dificultades, e a reducción de horas do personal de orientación, que compartimos con outro centro . Entréganse ós socios dous escritos para recadar firmas e que se tomen medidas para arranxar esta situación. Acordase que estes documentos estarán na oficina do ANPA para que todas aquelas personas que queiran, podan pasar a firmar.

- Suxírese a idea de ofertar bolsas de actividades para familias con dificultades económicas (tendoo en conta no presuposto para o vindeiro ano). Dende a Asamblea se aproba a proposta e se deixa en mans da Xunta Directiva a concreción dos límites para a súa adxudicación.

Nunha reunión posterior da Xunta Directiva do ANPA acordase fixar un criterio económico, de xeito que os solicitantes non deberán superar o 75% do IPREM e para xustificalo deberán presentar a declaración ou un xustificante de ingresos e a tarxeta do paro (si este é o caso). De todolos xeitos, estudiaranse os casos especiais e poderase pedir documentación complementaria que xustifique a situación.

QUENDA DE PREGUNTAS E SUXESTIÓNS

- Tómase nota da preocupación dos socios pola falta de comunicación coa dirección do centro. Os pais queren ter máis información sobre temas relevantes tratados nos consellos escolares.

- Éxponse a posibilidade de dispor dunha aula multiusos no colexio vello, opción que haberá que consultar ca dirección do centro e informarnos sobre a cobertura do seguro.

E así remata a nosa asamblea ordinaria de principio de curso. Se alguén ten algunha pregunta, non dubidedes en consultarnolo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario