domingo, 14 de xaneiro de 2018

TAEKWONDO, MOITAS NOVIDADES: CINTURÓN BRANCO E AMARELO


Xa o botabades en falta, non si? Unhas fotiños dos nosos nenos nas actividades... pois comezamos outra vez amosandovos os logros dos nosos taekwondistas.

En primeiro lugar teñovos que contar que en Xuño do ano pasado, os nosos deportistas presentaronse ao exame para obter o cinturon branco e amarelo, e o ANPA subvencionou a metade do custo do exame. E sabedes que? APROBARON TODOS!!!  Si, si, como oides, temos uns campions que sin dificultade pasaron o seu primero exame. Vos deixamos un vídeo coas fotos dese momento tan emocionante, e de cando se lles entregaron as acreditacións. A QUE É MOI EMOCIONANTE!!!!





E este é un vídeo de cómo o están a facer os nosos taekwondistas este novo ano. Non te animas? 



venres, 12 de xaneiro de 2018

MUSICAL FAMILIAR BENÉFICO_ 21 XANEIRO

Tendes ganas de ver un musical? Pois tendes a oportunidade ver unha adaptación de Mary Poppins que se celebrará no Auditorio Mar de Vigo el 21 de enero de 2018 a las 17:00 horas, en beneficio de la Asociación Española contra la meningitis e e o Banco de Alimentos de Vigo.

As entradas para os nenos de 3 a 12 anos serán de 2 euros + 1 kg de alimentos e  para os nenos maiores de 12 e adultos serán de 5 euros + 1 kg de alimentos. Animádevos que é por unha boa causa!


xoves, 11 de xaneiro de 2018

QUERO NADAR!: RENOVACIÓNS E NOVAS INSCRIPCIÓNS

A natación é un dos deportes máis completos que existen, e ademáis, vivindo na costa, seguro que queremos que os nosos fillos aprendan a nadar e así poidan disfrutar das maravillosas praias que temos nas Rias Baixas.

Xa estamos a finalizar o cuatrimestre na actividade de piscina, polo que chegou a hora de apuntarvos, se tendes ganas de incorporarvos a esta actividade, ou de renovar a matrícula se desexades continuar.

Para renovar a inscripción só tendes que facer o pago do seguinte cuadrimestre antes de que remate Xaneiro. E se queredes darvos de baixa, debedes comunicalo antes do día 23 de este mes, se non é así, asumiremos que queredes continuar na actividade.

Ademáis, como xa sabedes, este ano na Asamblea Xeral acordouse subvencionar parte dos custos que xeneran as actividades. No caso da actividade de natación, pensamos que era boa idea subvencionar os gorros de piscina, que no Mais que Auga teñen a cor do grupo ao que pertencen. Só tendes que pasar por información e solicitalo, dicindo que sodes da nosa ANPA. Como na piscina do Carme non teñen gorros específicos, facilitarasevos un dende o ANPA.


Se vos entrou o gusanillo e desexades apuntarvos, esta aberto o prazo para novas matriculacións e recordade que temos duas opcións:

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE PISCINA
CURSO 2017-2018

LUGAR
HORA
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
Máis que Auga
16:30 - 17:15

NATACIÓN 44,25€/Cuatrim
NATACIÓN 44,25€/Cuatrim.
NATACIÓN 44,25€/Cuatrim.

Piscina        O Carme
15:45-16:30

NATACIÓN 29,60/Cuatrim



16:45-17:30



NATACIÓN 29,60/Cuatrim


O límite para presentar as solicitudes é o 23 de xaneiro

Para natación hai que cubrir a ficha correspondente según o lugar que se solicite, podedes pasar pola nosa oficina para recoller a solicitude ou descargala dende aquí, cas normas correspondentes de cada instalación. Recordade que as altas e as baixas se tramitan a través do ANPA, e o pago tamén se fai na conta da nosa asociación, antes de finalizar o mes. 

Se queredes inscribirvos no MQA, tendes aquí a documentación
No Máis Que Auga vos entregarán un carnet de acceso polo que deberedes de abonar 3,75€ en concepto de fianza e que vos devolverá cando entreguedes o carnet ó rematar o curso. Cando saibades a que grupo pertence, podedes solicitar o gorro no mostrados de información de forma gratuíta.
O acompañante pode facer uso de balde da piscina e da sala de fitnes mentres dure a actividade.
Se preferides as instalacións do Carme, aquí tendes a documentación necesaria:
Para facernos chegar a solicitude podedes acercarvos a nosa oficina, metela no buzón do ANPA que está na parte de fora do acceso as aulas do ANPA e do comedor ou escaneala e enviarnola por mail: anpaosirmandinhos@gmail.com
Se tendes algúna dúbida contactade con nos e intentaremos solucionarvola o antes posible.