Xa estamos a finalizar o cuatrimestre na actividade de piscina, polo que chegou a hora de apuntarvos, se tendes ganas de incorporarvos a esta actividade, ou de renovar a matrícula se desexades continuar.
Para renovar a inscripción só tendes que facer o pago do seguinte cuadrimestre antes de que remate Xaneiro. E se queredes darvos de baixa, debedes comunicalo antes do día 23 de este mes, se non é así, asumiremos que queredes continuar na actividade.
Ademáis, como xa sabedes, este ano na Asamblea Xeral acordouse subvencionar parte dos custos que xeneran as actividades. No caso da actividade de natación, pensamos que era boa idea subvencionar os gorros de piscina, que no Mais que Auga teñen a cor do grupo ao que pertencen. Só tendes que pasar por información e solicitalo, dicindo que sodes da nosa ANPA. Como na piscina do Carme non teñen gorros específicos, facilitarasevos un dende o ANPA.
Se vos entrou o gusanillo e desexades apuntarvos, esta aberto o prazo para novas matriculacións e recordade que temos duas opcións:
PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE PISCINA
CURSO 2017-2018
LUGAR
|
HORA
|
LUNS
|
MARTES
|
MÉRCORES
|
XOVES
|
VENRES
|
Máis que Auga
|
16:30 - 17:15
|
NATACIÓN 44,25€/Cuatrim
|
NATACIÓN 44,25€/Cuatrim.
|
NATACIÓN 44,25€/Cuatrim.
| ||
Piscina O Carme
|
15:45-16:30
|
NATACIÓN 29,60/Cuatrim
| ||||
16:45-17:30
|
NATACIÓN 29,60/Cuatrim
|
O límite para presentar as solicitudes é o 23 de xaneiro
Para natación hai que cubrir a ficha correspondente según o lugar que se solicite, podedes pasar pola nosa oficina para recoller a solicitude ou descargala dende aquí, cas normas correspondentes de cada instalación. Recordade que as altas e as baixas se tramitan a través do ANPA, e o pago tamén se fai na conta da nosa asociación, antes de finalizar o mes.
Se queredes inscribirvos no MQA, tendes aquí a documentación
Se queredes inscribirvos no MQA, tendes aquí a documentación
No Máis Que Auga vos entregarán un carnet de acceso polo que deberedes de abonar 3,75€ en concepto de fianza e que vos devolverá cando entreguedes o carnet ó rematar o curso. Cando saibades a que grupo pertence, podedes solicitar o gorro no mostrados de información de forma gratuíta.
O acompañante pode facer uso de balde da piscina e da sala de fitnes mentres dure a actividade.
Se preferides as instalacións do Carme, aquí tendes a documentación necesaria:
Para facernos chegar a solicitude podedes acercarvos a nosa oficina, metela no buzón do ANPA que está na parte de fora do acceso as aulas do ANPA e do comedor ou escaneala e enviarnola por mail: anpaosirmandinhos@gmail.com
Se tendes algúna dúbida contactade con nos e intentaremos solucionarvola o antes posible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario