luns, 18 de decembro de 2017

BO NADAL!

Outra vez en Decembro, outra vez no Nadal. Que ilusión!!! Pai Noel, Reis Magos, Apalpador, Agasallos, Uvas, Panxoliñas,.... Encantanme estas festas! Sobre todo por ver as caras dos nosos fillos e fillas, cas luces, nas noites máxicas de noiteboa y reis,... E as ganas que teñen de amosarnos o seu traballo, a sua actuación no festival do Nadal. Este ano é o xoves 21 de Decembro e a dirección do centro xa vos mandou o programa da festa:



10:30: Primeira parte do festival
  • 4º e 5º Educación Infantil: Muñeco de Nieve en Navidad
  • 6º Educación Infantil: Polo Nadal
  • 1º Educación Primaria: Buscando Papá Noél a árbore de Nadal
  • 2º Educación Primaria: A Galiña Roxa
11:15 CHOCOLATADA

12:15 Segunda parte do festival:
  • 5º Educación Primaria: Onde o mundo se chama O Resío
  • 4º Educación Primaria: Percusión Corporal
  • 3º Educación Primaria: Llegó Navidad
  • 6º Educación Primaria: Little drummer boy
13:15 BADALADAS

Como xa sabedes, desde o ANPA se colabora coa chocolatada, e despois do éxito do ano anterior, este ano repetimos a CHOCOLATADA PARA OS PAIS organizada polo ANPA. Será as 11:15, coincidindo ca dos nenos, no hall do cole vello. Así, os pais que vaian a primeira sesión poden quedar un pouquiño máis, e os que veñen á segunda parte, poden chegar un pouquiño antes e disfrutar xuntos de chocolate quente e algún dulciño. Unha boa oportunidade de charlar e felicitarnos as navidades a todos.


VOS ESPERAMOS!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario