domingo, 3 de decembro de 2017

BECAS DO ANPA PARA ACTIVIDADE.


Lembrámosvos a todos que, tal e como se acordou na ultima Asemblea Xeral, existe a posibilidade de solicitar unha bolsa para realizar unha actividade extraescolar para aquelas familias que realmente o necesiten. As familias interesadas deberán presentar a declaración da renda de todos os integrantes da unidade familiar ou, en caso de non estar obrigados a presentala, un certificado de ingresos. Para optar a esta bolsa os ingresos brutos anuais per cápita deben ser inferiores a 2.950,5€ e para achalos debemos sumar as seguintes casas da declaración da renda: 392+405-537 e o resultado dividilo entre o número de membros da unidade familiar. Se hai máis dunha declaración da renda, deben sumarse os importes. En circunstancias especiais podería requirirse algunha outra documentación adicional.

Para calquera dúbida ou aclaración, poñedevos en contacto con nos, estaremos na oficina os Martes e Venres de 9:00h. a 10:00h, e os Martes de 16:00 h. a 16:50h.




Ningún comentario:

Publicar un comentario