venres, 23 de marzo de 2018

TALLER DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE (FOANPAS)

Os vindeiros días martes 10, 17, 24 de abril e 8, 15 ,22 e 29 de maio de 18:30 a 20:30 h. no IME (Camiño do Chouzo nº 2) terá lugar o taller.

“TALLER DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE”

Este taller está dirixido a familias e a toda a comunidade educativa dos centros de ensino público.
Hoxe en día é moi importante dar ós/ás nenos/as unha boa alimentación, xa que é a base do desenvolvemento tanto físico como intelectual das nosas crianzas.

Neste taller, como veredes no cartaz axunto, trátanse con moito interese a prevención da obesidade, os alimentos que nos prexudican, hábitos saudables na casa, etiquetas dos alimentos e conseguir que os nosos/as nenos e nenas coman axeitadamente.

Aprenderemos a utilizar a información nutricional no noso beneficio, a elixir bos alimentos así como a súa preparación e proporcións máis axeitadas e instarurar hábitos para poder corrixir posibles vicios.

As “chuches” e os precociñados son inimigos das nosas crianzas. Axudémoslles na adquisición de bos hábitos alimenticios.

PREGAMOS FAGADES DIFUSIÓN DESTA ACTIVIDADE XA QUE A CONSIDERAMOS IMPRESCINDIBLE PARA UNHA BOA CULTURA DA ALIMENTACIÓN SAUDABLE.

Contaremos con servizo de ludoteca sempre que haxa un mínimo de 5 nenos/as anotados/as.
Inscricións ata 6 de abril no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com

mércores, 21 de marzo de 2018

CELGA 1,2,3 e 4

A Xunta de Galicia convocou as probas-exames para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2018.
O prazo de presentación das solicitudes vai dende o 14/03/2018 ata o 13/04/2018 (inclusive).
O importe das taxas de exame é de 15,93 euros (o impreso de autoliquidación das taxas facilitaráselles ás persoas interesadas en calquera rexistro ou oficina de atención ao cidadán da Xunta de Galicia).
Para poder presentarse as probas-exames do Celga deben entregar no Rexistro da Xunta de Galicia:
1.-A solicitude da proba-exame
2.-O xustificamente de pagamente da taxa da proba-exame
O horario do Rexistro da Xunta de Galicia en Concepción Arenal, 8 - praza da Estrela é:
De luns a venres: de 9:00 a 19:00 (ininterrompido)
Sábados: de 9:00 a 14:00
Para as dúbidas sobre esta convocatoria poden chamar ao teléfono de información da Xunta de Galicia 012
Toda a información na seguinte ligazón: Web da Xunta da Xunta de Galicia

mércores, 14 de marzo de 2018

FALADOIRO: EMOCIONARIO. DI O QUE SINTES


Trátase dunha actividade en torno ao libro Emocionario. Di lo que sientes da editorial Palabras Aladas S.L., o texto é de Cristina Núñez Pereira e Rafael R. Valcárcel e as ilustracións de diversos autores e atoras. Este libro é un percorrido emocional que busca achegarse o máximo posible ao sentir real das diferentes emocións: tenrura, amor, odio, compaixón, ira, felicidade, envexa, nostalxia, admiración, etc.

A actividade terá lugar o XOVES 22 de MARZO ás 18:00 horas no Salón de Actos do IME (Camiño do Chouzo nº 2). Contaremos coa presenza de Mili Esteban, psicóloga experta en coaching e intelixencia emocional que dinamizará de maneira emocionante, divertida e participativa a actividade.

Inscricións ata o 21 de marzo no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com (nome, apelidos, ANPA ou centro educativo, teléfono e mail).

En FOANPAS dispoñemos de exemplares do libro que podedes solicitar en calidade de préstamo para ler no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com (hai que agardar confirmación para recollelo).



luns, 12 de marzo de 2018

DESEÑA UNHA XOIA PARA A TUA NAI

A Federación Galega de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros, en colaboración co Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia (Coxga) convoca o IX Certame "Deseña unha xoia para a túa nai", dirixido  a escolares de educación infantil e primaria de Galicia, con idades comprendidas entre os 0 e os 12 anos (inclusive), con ocasión da celebración do Día da Nai.
Esta iniciativa, que acadou un gran éxito nas pasadas edicións, ten como obxectivo impulsar a expresión artística dende unha idade temperán e despertar nos nenos e nas nenas a curiosidade polo mundo do deseño, ademais de achegar ó conxunto da sociedade unha profesión de gran arraigo e tradición en Galicia.
Ademais, este divertido proceso de creación, que culmina coa execución dos deseños gañadores polos nosos profesionais, permítelle ós pequenos deseñadores ver unha aplicación práctica á súa creatividade, servindo de apoio á súa formación.

As bases completas do concurso e os dípiticos de participación poden descargarse premendo aquí.

A data límite para presentar un deseño é o mércores 28 de marzo 2018.

domingo, 11 de marzo de 2018

III XORNADAS IGUALDAD E EDUCACIÓN 16-17 MARZO

Informámosvos que FOANPAS organiza as “III Xornadas de Igualdade e Educación” os vindeiros venres 16 de marzo (tarde) e sábado 17 de marzo (mañá) no Museo Verbum Casa das Palabras, sito en Avenida de Samil 17 (Vigo).

Serán unhas xornadas de participación aberta, dirixidas á comunidade educativa dos centros de ensino público, nas que persoas vencelladas ao eido da igualdade tratarán a violencia de xénero (Marina Marroquí Esclopez – educadora social e presidenta de AIVIG -), a educación en Igualdade e o activismo social da mocidade (Chis Oliveira Malvar – catedrática de Filosofía e experta en educación afectivo – sexual e o Comando Igualdade), como traballar a igualdade nas aulas (Mª del
Carmen Rivas – profesora de Administración de empresas – e Raquel Martínez Rivas – profesora de FOL) e dous talleres prácticos, un sobre a importancia da afectividade na convivencia (Sandra Verba Szerman – formada en psicoloxía social, psicomotricidade e terapia Gestalt -) e outro sobre a coeducación (Celso Taboada Lorenzo – axente de igualdade -).

Os/as interesados/as podedes inscribirvos vía telefónica: 986298812 ou no correo electrónico: foanpas@foanpas.com antes do vindeiro 14 de marzo.



sábado, 10 de marzo de 2018

ACTIVIDADE PARA PAIS E NAIS_ 21 Marzo



DESENVOLVE O TALENTO E A CREATIVIDADE

Por fin temos unha actividade dirixida aos Pais y Nais,  vos deixo a información por si é do voso interese.

Cando: MÉRCORES 21 DE MARZO DE 2018
Hora: de 17:00 a 19:00 h.
Onde: IME (Instituto Municipal de Educación) (Camiño do Chouzo 2 – Vigo)
Esta actividade está dirixida a nais, pais e docentes da educación infantil, primaria e secundaria dos centros de ensino público.

Será impartido por Mili Esteban, psicóloga experta en coaching e intelixencia emocional. Como se identifica o talento? Pódese cultivar o talento? Que é a creatividade? E como se desenvolve?

Se queres unha resposta a estas preguntas e tes inquedanzas sobre o tema, anótate no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com (nome, apelidos, teléfono, e-mail e centro educativo). Ata o 19 de marzo. Prazas limitadas.




venres, 9 de marzo de 2018

SEMANA INTERNACIONAL DAS MULLERES


Os actos do día internacional das mulleres, non se limitan só a o día 8 de marzo, senon que hay actividades durante toda a semana dirixidas a todolos públicos: contacontos, ruteiros, proxeccións, carreiras,...

Vos deixamos o díptico por si tendes interés en participar en algunha.

CONTOS PARA CONSTRUIR: ACTIVIDADE EN FAMILIA

Presentamosvos unha fabulosa proposta que nos achega ABANCA para facer en familia con nenos de entre 3 e 7 anos. Se non tendes planes para os sábados, se non tendes planes para os próximos sábados pola maña, pensade nesta alternativa, que é moi interesante.



xoves, 8 de marzo de 2018

NENDO DANGO_ 10 DE MARZO

O día 10 de marzo, no parque forestal de Vixiador, A senda do Moucho proponos unha actividade para nenos co obxectivo de contribuir a forestación do monte. ¿Quen se apunta? 



martes, 6 de marzo de 2018

BRIGHT MINDS, OS CEREBROS MÁIS BRILLANTES


 Bright Minds é un metodo centrado na estimulación infantil que desenvolve as capacidades cognitivas dos nenos antes da sua idade escolar, e así crear mentes máis brillantes.

Traballase a intelixencia emocional, tan importante para poder manexar as nosas emocions, nun tempos tan complicados. Por medio da neuropedagoxía traballanse as intelixencias múltiples (matemáticas, lingüistica, espacial, musical, cinético-coporal, intrapersonal, interpersonal y naturalista). Además de potenciar o desenvolvemento do neno tanto individual como social.

Estes nenos son moi brillantes!



domingo, 4 de marzo de 2018

OBRADOIRO JUMPING CLAY DE PRIMAVERA




Xa estamos deixando atras o inverno, e ainda temos o recordo fresco do obradoiro de Jumping Clay de Nadal. Gustouvos? Claro que sí, ven o sei. É unha actividade con moito éxito e vos deixo un vídeo para recordalo, porque xa estamos a planear o seguinte....




Seguro que queredes participar no obradoiro de Jumping Clay de Marzo. Vai a ser o Xoves 15 e o Venres 16 no comedor do centro ás 16:00h.  

Podedesvos apuntar, coma sempre, a través do mail anpaosirmandinhos@gmail.com, na nosa oficina ou enviando un whatsapp 604026358, indicando o nome e apelidos do neno, o curso e o día elexido.

Para os socios é unha actividade de balde. Para os non socios, o prezo será de 4 €, que deberá ser abonado no momento de anotarse.

O derradeiro día para inscribirse no obradoiro é o luns 12 de marzo, sempre e cando ainda haxa prazas. Así que non vos despistedes e apuntádevos canto antes. Como sempre, enviaremos confirmación polo mismo medio en que vos anotedes.

VOS ESPERAMOS!

FESTIVAL SOLIDARIO BICOS DE PAPEL_ 11 MARZO

Vos deixamos información sobre o Festival solidadario que organiza Bicos de Papel o Domingo 11 de de Marzo. 

ANIMÁDEVOS, QUE POR UNHA BOA CAUSA