Esta iniciativa, que acadou un gran éxito nas pasadas edicións, ten como obxectivo impulsar a expresión artística dende unha idade temperán e despertar nos nenos e nas nenas a curiosidade polo mundo do deseño, ademais de achegar ó conxunto da sociedade unha profesión de gran arraigo e tradición en Galicia.
Ademais, este divertido proceso de creación, que culmina coa execución dos deseños gañadores polos nosos profesionais, permítelle ós pequenos deseñadores ver unha aplicación práctica á súa creatividade, servindo de apoio á súa formación.
A data límite para presentar un deseño é o mércores 28 de marzo 2018.
Ningún comentario:
Publicar un comentario