A escola pública ten de tentar ser o lugar onde todas e todos teñan as mesmas oportunidades
Este blog quere ser un medio de información e comunicación das familias do CEIP o Rocío. A nosa oficina está na planta baixa do colexio vello. contacta: anpaosirmandinhos@gmail.com tel: 604026358
sábado, 30 de marzo de 2019
EscolaPública
Botádelle un ollo a este vídeo:
A escola pública ten de tentar ser o lugar onde todas e todos teñan as mesmas oportunidades
A escola pública ten de tentar ser o lugar onde todas e todos teñan as mesmas oportunidades
IogaEmociona
O pasado venres as rapazas e rapaces do grupo de Ioga realizaron un MANDALA para celebrar o comezo da primavera.
Tomaron conciencia da importancia da natureza e de todo o que nos ofrece, traballando a concentración e a calma.
Tomaron conciencia da importancia da natureza e de todo o que nos ofrece, traballando a concentración e a calma.
luns, 25 de marzo de 2019
Taller de programación
Queridas familias, Marcos, o pai de Mateo de Primeiro
de Primaria vai ofrecer, como actividade da ANPA e de forma gratuita, uns
talleres sobre programación para nenos e nenas de Primaria. Serán actividades
divertidas de iniciación a programación cunha duración dunha hora. Os días
previstos para estes talleres son o 1 abril de 17.00 a 18.00 horas e o
Martes 2 de abril de 16.00 a 17.00 horas. O rexistro será por orde de
inscripción e as prazas son limitadas a 6 alumn@s xa que necesitamos
ordenadores para todos.
Gracias
domingo, 17 de marzo de 2019
A ANPA recomenda un libro
Queridas familias, dende a ANPA presentamos unha nova sección no blogue adicada a comentar e recomendar libros. Pero o mellor desta actividade é que o encargado de poñela en práctica vai ser un exalumno do Rocío que muitos de vos coñeceredes, Angel Enrique Caballero.
Grazas Angel por seguir vinculado ao cole con estas recomendacións de libros que van seguir enchendo o noso blogue.
Aquí o primeiro:Ángel Enrique Caballero |
As lágrimas de Shiva
César Mallorquí
Esta novela trata sobre o que descobre un xoven de 15 anos chamado Xabier.
Era veran e Xabier foi a casa da familia da irmá da súa nai: Os Obregón. A familia Obregón está formada por o tío Lois, a tía, Rosa, Margarida, Violeta e Azucena (a máis pequena da casa).
Xabier e máis Violeta conseguirán saber a verdadeira historia da familia Obregón, e algo máis…
Valoración
Para min é unha das mellores novelas de misterio e romanticismo. Ao principio pode parecer un pouco aburrida, pero despois empeza a mellorar. Ademais tamén ten algunhas partes graciosas.
Espero que vos guste.
Baile 2019
Actuación dos grupos de baile no Teatro Salesianos
Como todos os anos, tivemos unha actuación de baile dos grupos do noso cole, o Domingo 17 no teatro Salesianos. O grupo dos peques bailaron "ya no quiero na" de Lola Indigo, e os maiores "mi gente" de J Balvin & Willy William.
Grazas de novo a Kike Simón polas súas fotos.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)