Queridas familias, dende a ANPA presentamos unha nova sección no blogue adicada a comentar e recomendar libros. Pero o mellor desta actividade é que o encargado de poñela en práctica vai ser un exalumno do Rocío que muitos de vos coñeceredes, Angel Enrique Caballero.
Grazas Angel por seguir vinculado ao cole con estas recomendacións de libros que van seguir enchendo o noso blogue.
Aquí o primeiro:Ángel Enrique Caballero |
As lágrimas de Shiva
César Mallorquí
Esta novela trata sobre o que descobre un xoven de 15 anos chamado Xabier.
Era veran e Xabier foi a casa da familia da irmá da súa nai: Os Obregón. A familia Obregón está formada por o tío Lois, a tía, Rosa, Margarida, Violeta e Azucena (a máis pequena da casa).
Xabier e máis Violeta conseguirán saber a verdadeira historia da familia Obregón, e algo máis…
Valoración
Para min é unha das mellores novelas de misterio e romanticismo. Ao principio pode parecer un pouco aburrida, pero despois empeza a mellorar. Ademais tamén ten algunhas partes graciosas.
Espero que vos guste.
Ningún comentario:
Publicar un comentario