venres, 26 de abril de 2019

Obradoiro para infantil: TEATRO E MOVEMENTO

O CORPO EXPRESIVO

Xoves 9 de Maio de 17:00 a 18:00
(máximo 12 nen@s)

Obradoiro teatral dirixido a nens@s de Educación Infantil, onde a expresión corporal será o
centro de atención.
Buscaremos distintas posibilidades expresivas do corpo a través do xogo. Con ferramentas como
a música, a dramatización e a experimentación con obxectos cotiás (teas, papel...)
O tema principal será “As emocións”, traballaremos con emocións fácilmente recoñecibles (amor,
enfado, tristeza, medo…) e lles daremos forma co corpo, coma se de un debuxo se tratase.
A finalidade é crear un espazo no que @ nen@ se sinta libre de expresar e experimentar coas
emocións ou sensacións. E onde o emprego do corpo sirva como vehículo de expresión.

Anna Cañadillas Romero

Socios gratis
Non socios: 2€ (pago no local da Anpa o momento de anotarse)

A expresión corporal é unha actividade que desenvolve a sensibilidade, a imaxinación, creatividade e a comunicación humana

luns, 15 de abril de 2019

Obradoiro de programación


O pasado 1 e 2 de abril a ANPA os irmandiños organizou dúas sesións de introdución á programación para nenos coa páxina web CODE.ORG. 
Esta páxina foi creada por unha ONG estadounidense co obxectivo de facilitar a entrada ao mundo da programación aos nenos, para minimizar a fenda de xénero nas materias tecnolóxicas (Según un estudio realizado precisamente pola ONU en 14 países, a probabilidade de que as estudantes rematen unha licenciatura, mestrado e doutorado nalgunha materia relacionada coa ciencia é do 18%, 8% e 2%, respectivamente, mentres que a probabilidade para os estudantes masculinos é do 37%, 18% e 6%.)
O obradoiro, que se fixo na aula TIC, tivo moito éxito entre as nenas e nenos, e pasárono xenial cos desafíos que propón a páxina web, e que se poden resolver movendo bloques coas instrucións a mandar aos diferentes personaxes. A case todos os asistentes se lles fixo moi curta a sesión, e con ganas de repetir.


Lembrámoslle a nais e pais que poden practicar en casa coas súas fillas e fillos en www.code.org







venres, 5 de abril de 2019

alumnos e mestres 75 aniversario


Xa temos logo e lema novos!

Logo de ver todas as propostas de logotipos e lemas para a nosa ANPA, cun xurado formado por tres representantes da ANPA, un profesor e unha alumna,
escolleronse o logo de Sandra Caamaño Tubío de 6º de E. Primaria e o lema de Xoel Cedrón Bastos, de 5º de E. Infantil.



Na ANPA estamos moi contentos pola participación e implicación, e porque os gañadores representan perfectamente o espírito da asociación: unha educación na que todas e todos estamos implicados, respectando e valorando as nosas diferenzas.

Esperamos que vos sintades ben representados coma nós nos sentimos, e que desfrutemos desta idea de educación en comunidade.

premio ao LOGO para Sandra

premio de lema para Xoel

o diploma foi acompañado dun vale para libros e material artístico