mércores, 29 de maio de 2019

RÍE: Teatro educación emocional



           O vindeiro mércores 5 de xuño de 16:00 a 17:00 no patio do cole contaremos cun obradoiro no que poderán participar  todos os membros da familia: RIE teatro educación emocional. A importancia das emocións na nosa vida, como entendelas e xestionalas...

           Non vos perdades este obradoiro tan interesante.
         
           As plazas son limitadas polo que se queredes participar tendes ata o vindeiro luns 3 de xuño para anotarvos.
         




luns, 27 de maio de 2019

Charla: privacidade e as novas tecnoloxías

           Recordarvos que o luns 3 de xuño as 17:00 na aula de música, Marcos Cabrera pai do noso cole impartirá unha charla sobre a privacidade e as novas tecnoloxías. A falta de conocimento de como funcionan as novas tecnoloxías está a afectar a nosa privacidade, da influencia que teñen nas nosas vidas sen case darnos conta, de como coñecen as nosas preferencias...e  que ferramentas contamos para poder parar isto.

          Contaremos cun servicio de ludoteca para que poidades asistir a esta charla tan interesante. Podedes anotar os nenos ata o  venres 31 (whatsapp, correo, buzón ou local da Anpa)

ANIMADEVOS A PARTICIPAR



DATA: Luns 3 de xuño
                                                               HORA: 17:00
     LUGAR: Aula de música 





IOGA: xornada portas abertas 3 xuño

         Queremos convidarvos a unha xornada de portas abertas na actividade de Ioga que se realizará o luns 3 de xuño de 16:00 a 17:00 no ximnasio do cole. 

         Plaza limitadas, debedes anotar os nenos  polo medios habituais, whatsapp, correo, buzón ou local da Anpa.

         Data límite  para anotarse xoves  30 ou ata completar as plazas.






¡ANIMADEVOS A PARTICIPAR!

xoves, 23 de maio de 2019

Obradoiro de Música e Movemento

MARTES, 28 DE MAIO 16:00

Xela Conde Fernández

O aula de Música e Movemento constitúe un xeito de sensibilización musical onde se desenrolarán certas capacidades fundamentais para a aprendizaxe integral do/a neno/a, e, ademáis prepararanno para unha ensinanza musical específica no futuro.
Non debemos entender este aula como un mero preparatorio ao linguaxe musical xa que a súa visión é máis ampla. Pretende desenrolar as capacidades expresivas, musicais, intelectuais e motricesO/a neno/a vai impregnarse da materia prima da música, o son: descubrilo, exploralo, manipulalo, coñecelo e incluso créalo. Sentir a música no seu corpo, expresarse a través dela e facer que sexa una parte integrante de sí mesmo/a. O método será o máis lúdico posible xa que o xogo nestas idades é una parte fundamental e que trascende a todo nas súas vidas

OBXECTIVOS XERAIS

• Proporcionar una experiencia musical que permita, mediante o descubrimento das aptitudes musicais, acceder á expresión musical a través do canto, a danza e os diversos instrumentos que conta o aula. 

• Compartir vivencias musicais e enriquecer a súa relación afectiva coa música a partir das diferentes actividades propostas. 
• Desenrolar a coordinación motriz precisa para a correcta interpretación dos ritmos e o entendemento e interiorización dos mesmos grazas a realización de actividades de percusión corporal e coreografías sinxelas. 
• Traballar procesos cognitivos como a memoria e atención a partir de xogos de aprendizaxe de cancións, movementos e ritmos. ç
• Realizar experiencias sonoras dos elementos básicos, partindo da práctica auditiva vocal e instrumental e relacionalos con códigos de representación non convencional. 
• Empregar todolos recursos necesarios (voz, instrumentos, movementos...) para axudarlles a comunicar ideas, vivencias e sentimentos tanto de maneira individual como colectiva. 
• Fomentar o traballo grupal, a boa convivencia e comunicación axeitada.


CONTIDOS


• A voz como medio de expresión da linguaxe e o canto. Aprendizaxe de cancións infantís, recitados e memorización de versos e trabalinguas. 

• As cualidades do son e as fontes sonoras: silencio, son, discriminación de tímbricas, tempo e dinámicas 
• Coñecemento tanto dos sons como da apariencia dos diferentes instrumentos. 
• Traballo dos diferentes ritmos tanto vocal, instrumental como motrizmente a través do xogo e co emprego de linguaxe musical non convencional. 
• Dramatización de contos e historias. 
• O movemento como medio de expresión: control corporal, coordinación motriz, orientación espacio temporal, ritmo, expresión e composición en grupo. Aprendizaxe de coreografías sinxelas.

METODOLOXÍA


A metodoloxía a empregar para lograr os obxectivos será aberta e participativa, sempre coa premisa da búsqueda dunha formación musical e integral que desenrole as facultades psicolóxicas, sociolóxicas, psicomotoras e intelectuais.
Basarase nunha serie de principios como é o contexto musical como espazo de liberdade no que as normas serán flexibles, e a expresión de ideas sentimentos e emocións libres. A negociación como método de resolución de conflictos e o optimismo frente aos logros.
E será o xogo o canle perfecto e motivacional co que se acadarán os coñecementos reflectidos nos obxectivos.
En definitiva, a metodoloxía cumplirá con estas características: será progresiva, activa, lúdica, global e variada.


TEMPORALIZACIÓN
Constará de unha sesión semanal de 50’ distribuída no curso lectivo tendo en conta o calendario escolar.

domingo, 19 de maio de 2019

Xa temos campamento de verán no Rocío





Este ano inauguramos tempada de verán co novo campamento urbán no Rocío. Todas as familias interesadas podedes pinchar no link a continuación para ver as actividades e facer as inscripcions dos vosos fillos e fillas para ir reservando praza.



https://www.yeahactivities.es/eventos/campamento-ceip-virxe-do-rocio/

 Se tedes dúbidas podedes chamar directamente ao teléfono da organización do campamento (662965411) ou a nos mesmas.
Podedes conmentalo con amigos e amigas de fora do cole porque tamén poden inscribirse.

Que o disfrutedes!!!!!


luns, 6 de maio de 2019

Obradoiro Contacontos

                                              


                                                      Obradoiro contacontos

         O vindeiro martes 14 de maio contaremos cun obradoiro de contacontos impartido por unha nai voluntaria da nosa escola. 

         O obradoiro está dirixido os nenos de Educación infantil socios da Anpa e será gratuito.    
           
         O horario do obradoiro será de 16:00 a 17:00 no cole vello (na aula de Ioga)

         Animadevos a participar e non esquezades que as plazas son limitadas. Tendes ata o vindeiro venres 10 de maio para anotarvos. 


                      Obradoiro: CONTACONTOS 
                    Día: 14 de maio 
                    Hora: 16:00 a 17:00 
                    Lugar: Cole vello (aula de ioga)








 Un saúdo 
 Anpa Os Irmandiños

xoves, 2 de maio de 2019

Cíes

Benqueridas familias: Un ano máis estamos organizando a xa tradicional excursión as Illas Cíes. Como sabedes é unha oportunidade fantástica de coñecer o Parque Natural a un bo prezo, ademáis de ser unha estupenda xornada de convivencia entre as familias do CEIP O Rocio ollade os documentos que achegamos:



                                    CIRCULAR INFORMATIVA: CIES 2019

Benqueridas familias:

Un ano máis estamos organizando a xa tradicional excursión as Illas Cíes. Como sabedes é unha oportunidade fantástica de coñecer o Parque Natural a un bo prezo, ademáis de ser unha estupenda xornada de convivencia entre as familias do CEIP O Rocio

Este ano a data escollida polos socios na última reunión foi o sábado 22 de Xuño. A saída será as 10:15 polo que haberá que estar no porto (xunto o Nadador) as 9:30 para a recollida de billetes e embarque. Faremos unha ringleira diante das gradas para o reconto e dirixirémonos ao embarcadoiro dun modo organizado. A volta será as 19:15, debemos estar no embarcadoiro da Illa as 19.00h para o reconto.

Este ano as autorizacións para viaxar as Illas Cies serán tramitadas pola navieira, polo que precisamos que vos anotedes o antes posible para saber o número de persoas que irán e para pasarlle a lista a navieira e así asegurar as plazas para ese día.
Data límite 10 de maio. Non será posible anotarse despois desa data

Para facilitar os tramites a Anpa permanecerá aberta do 3 o 10 de maio no seu horario habitual de 9:00 a 10:00 e polas tardes (mércores e xoves) de 4:30 a 5:30 para entregar os impresos cos datos persoais (DNI obrigatorio para maiores de 12 anos) de todolos membros de cada familia/grupo e realizar o pagamento da viaxe. Este impreso tamén estará dispoñible no noso blogue.

Recordarvos que a ANPA Os Irmandiños é un mero intermediario entre a navieira Mar de Ons e as familias, sendo cada familia responsable durante a xornada de convivencia dos membros do seu grupo e dos posibles contratempos que poidan suceder.

O prezo para os socios do ANPA é de 6,20€/persoa e 7,20€/persoa para os non socios; @s nen@s menores de 3 anos non pagan.

ATENCIÓN!! unha vez contratada a viaxe, non hai posibilidade de modificar a data ou cancelala nin por causas meteorolóxicas nin de ningún outro tipo.

Recordarvos que levedes protección solar, gorras e bolsas para o lixo.





Moitas grazas e un saúdo,

                                                                                                                          ANPA Os Irmandiños

                                                                                                                       Vigo, 2 de Maio de 2019