Este blog quere ser un medio de información e comunicación das familias do CEIP o Rocío. A nosa oficina está na planta baixa do colexio vello. contacta: anpaosirmandinhos@gmail.com tel: 604026358
mércores, 19 de xuño de 2019
mércores, 12 de xuño de 2019
luns, 10 de xuño de 2019
A que sabe a Lúa?
o 14 de Maio a nosa compañeira Nieves, psicopedagoga, monitora e directora de tempo libre. veunos contar o conto "a que sabe a lúa" de Michel Grejniek, da editorial Kalandraka para disfrute das nosas pequenas e pequenos.
Webs SEGURAS
O uso masivo de internet en smartphones, tablets e pcs está a producir cambios que teñen implicacións na nosa privacidade e as nosas opcións de elección.
Explicamos como se usan os nosos datos en beneficio das compañías e cal é a marxe de manobra que temos e con que ferramentas contamos os consumidores.
Deixámosvos os datos que presentamos por se son de utilidade.
Explicamos como se usan os nosos datos en beneficio das compañías e cal é a marxe de manobra que temos e con que ferramentas contamos os consumidores.
Deixámosvos os datos que presentamos por se son de utilidade.
Festa 75 aniversario
Logo dunha mañá chea de actividades, pola tarde tocaba festa, onde estiveron Pablo Díaz e as pandereteiras Lumieiras. Bailamos e escotamos música nosa da boa.
Danza Moderna
domingo, 9 de xuño de 2019
Nova recomendación literaria: O Achado do Castro
Unha vez máis, o noso experto en reseñas literarias, o ex-alumno do Resío, Angel E. Caballero, ofrecenos a seguinte recomendación:
Bos días familias, aquí estamos de novo para que vos recomende outro libro. O libro
chámase... O achado do Castro
Escrito por Manuel Nuñez Singala
Editorial: Galaxia
Resumo
O achado do Castro é un libro de teatro cómico.
Trata sobre unha historia de amor entre Manolitus (o fillo da maior comercianta do
territorio) e Carmiñae (a filla do Emperador). Mentras que uns ladróns chamados Catulo e
Caleno queren roubarlle ao Emperador o seu colar.
O texto ten unha serie de acontecementos graciosos e absurdos, e tamén ten varios
chistes sobre cousas de hoxe en día…
Non quero contarvos máis cousas do libro para que o podades disfrutar é... viva Nápoles
(se ledes o libro xa saberedes porque o digo).
O libro só ten 77 páxinas, é tan cortiño que non haberá excusa para non lelo.
sábado, 1 de xuño de 2019
Festa fin de curso
Agora que está a piques de rematar este curso escolar dende a Anpa queremos invitarvos a festa de fin de curso que celebraremos o venres 14 de xuño.
Estade atentos o blog, nos vindeiros días ampliaremos a información.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)