Unha vez máis, o noso experto en reseñas literarias, o ex-alumno do Resío, Angel E. Caballero, ofrecenos a seguinte recomendación:
Bos días familias, aquí estamos de novo para que vos recomende outro libro. O libro
chámase... O achado do Castro
Escrito por Manuel Nuñez Singala
Editorial: Galaxia
Resumo
O achado do Castro é un libro de teatro cómico.
Trata sobre unha historia de amor entre Manolitus (o fillo da maior comercianta do
territorio) e Carmiñae (a filla do Emperador). Mentras que uns ladróns chamados Catulo e
Caleno queren roubarlle ao Emperador o seu colar.
O texto ten unha serie de acontecementos graciosos e absurdos, e tamén ten varios
chistes sobre cousas de hoxe en día…
Non quero contarvos máis cousas do libro para que o podades disfrutar é... viva Nápoles
(se ledes o libro xa saberedes porque o digo).
O libro só ten 77 páxinas, é tan cortiño que non haberá excusa para non lelo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario