martes, 22 de outubro de 2019

XOGAMOS!

Que boa tarde!
Un monton de nais e pais, nenas e nenos asistiron ao patio de xogo do cole, agradecemos moito a boa acollida da actividade, a boa actitude de todos, e a colaboración dos novos momitores de fútbol que se implicaron na xornada. GRAZAS A TODXS
Un ambiente estupendo dun grupo de xente que quería facer algo distinto, participar e propor modos de xogar entre todxs!


Os xogos poden ser case os mesmos, se incidimos en que todxs participen, que xogar xuntos é máis importante ca gañar, e non tomarnos demasiado en serio o resultado e si o disfrutar do momento. E que bonito ver desfrutar aos rapaces da ilusión de xogar coas súas nais e pais.

CREMOS FIRMEMENTE QUE O XOGO É UNHA DAS MELLORES FERRAMENTAS PARA APRENDER, PARA TRANSMITIR VALORES.


Dende a ANPA estamos moi contentas coa participación, que desbordou as nosas expectativas. Pedimos descuplas pola falta de previsión para que os xogos estivesen máis organizados, pero puideron realizarse, e tamén nos dimos conta do complicado que o teñen profesorado e monitores de actividades para organizar actividades e xogos coeducativos con grupos numerosos!
...moito mérito!



Tamén nos serviu para darnos conta do difícil que resulta xogar nun patio cuberto con tan mala acústica, difícil entenderse, difícil organizarse. Así que niso tamén podemos aportar solucións para mellorar o espazo. É interesante poñerse no papel dos demáis para tentar entre todxs mellorar as cousas. Que difícil e que interesante!

Sobre todo destacar a boa actitude das persoas que alí estiveron, gracias de novo, e tentaremos repetir a experiencia e mellorar!




















mércores, 16 de outubro de 2019

XOGAMOS?


Como podemos axudar ás nosas fillas e fillos a que xoguen en igualdade?
Teñen en nós un modelo de aprendizaxe, que podemos aproveitar . Xogar en familia, e xogar en igualdade son ferramentas fundamentais para ter un modelo coeducativo real.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR !

algúns enlaces:

https://saposyprincesas.elmundo.es/ocio-en-casa/juegos-para-ninos/juegos-de-igualdad-infancia/
http://www.aulaviolenciadegeneroenlocal.es/consejosescolares/archivos/Mat_185_Guia_Nuevas_formas_de_jugar.pdf
http://blog.tiching.com/patios-colectivos-coeducativos/

Queremos coeducar! queremos unha educación en Igualdade


Inauguramos a escola de NAIS e PAIS!

Xa abrimos un espazo para o diálogo, para que podamos compartir as nosas inquedanzas á hora de educar ás nosas fillas e fillos.




Agradecemos a Luisa Abad que compartise con nós a súa visión sobre coeducación tan enriquecedora e desexable para a sociedade na que vivimos. Tamén agradecemos a presenza do profesorado que nos acompañou nesta xornada. Debemos ter esperanza en que as novas xeracións sexan quen de crear un mundo máis igualitario, pero temos que axudarlles, e o tempo é xa, nas primeiras fases da súa educación, que van ser determinantes para o seu futuro.


Foron moitos os aspectos nos que Luisa incidiu: Os estereotipos de xénero, os espazos na casa e na escola, os contos, a visión da sociedade das diferenzas entre xéneros, e como nós, os adultos que estamos nas vidas destas nenas e nenos podemos ofrecer alternativas mellores na súa educación para que se fomente entre elas e eles unha convivencia máis respectuosa e igualitaria.

Queremos incidir sobre todo nas propostas finais que se fixeron en positivo:


contos que teñen en conta a perspectiva de xénero, e que xa están na nosa escola, cos que nais e pais podemos traballar en coeducación
ofrecer xoguetes coeducativos a nenas e nenos, observar e compartir os tempos de xogo, ofrecerlles xogos colaborativos e construtivos

novos espazos para o xogo e para a aprendizaxe, ao aire libre, nos espazos interiores, facelos partícipes do deseño dos espazos, analizar o lugar que ocupan no patio...
Algunhas propostas xa se están a levar a cabo nos centros educativos, tamén está na labor de Nais e Pais ofrecerse para xogar, para compartir eses momentos de lecer en familia, do que tanto desfrutan e agradecen. E escoller xogos coeducativos e modos de xogar construtivos.

Un exemplo foron as propostas da monitora da Ludoteca, que se prestou a colaborar nesta tarefa, na que organizaron diversos xogos que permiten ter unha visión máis igualitaria: 
que acontece se nenos e nenas xogan ao fútbol xuntos, e as regras cambian e antes de tirar á protería hai que pasar o balón a todos os compañeiros e compañeiras?
que pasa se cando bailamos xogamos e non sexualizamos o baile?
Perderán o medo os nosos fillos e fillas a xogar a calquera cousa que lles apeteza sen medo a que os sinalen, a pensar: "iso son xogos de nenas..." "iso non é para ti..."





mércores, 9 de outubro de 2019

KIM: unha nova amistade






A nosa mascota chega ás aulas de infantil.
Vainos axudar a xogar coas nosas fillas e fillos e aproveitar para educar en igualdade, e desenvolver a súa personalidade. Xogar non ten por que ter un xénero, os presuízos están na nosa propia educación.

Que pasa se deixamos que os nosos fillos xoguen con bonecas? botádelle un vistazo a esta imaxe:
Deberiamos pensar por que na nosa sociedade case todas as personas que se encargan de coidar aos demáis son mulleres... (escoliñas, enfermerías, centros da terceira idade,...) e se non deberíamos educar aos nosos fillos nos coidados, romper estereotipos.

se che molesta esta imaxe, pensa o porqué

Aquí tedes un patrón se queredes coser un Kim:





mércores, 2 de outubro de 2019

Escola de nais e pais: educando en igualdade

comprométete coa Igualdade

Comezamos xa coa realización das actividades programadas arredor da coeducación e o noso compromiso en mellorar a educación das nosas fillas e fillos, en preparalos para que vivan nun mundo mellor, onde se respecten máis e aprecien as súas diferenzas e loiten pola igualdade de oportunidades.
Temos un percorrido difícil para enfrontalos a unha realidade que está lonxe de conseguir esas metas, pero o único camiño é a educación que lles podamos ofrecer. Todas e todos xuntos.


O próximo martes 15 de outubro comezaremos cunha charla a cargo de Luisa Abad, unha experta en coeducación e temas de igualdade.
Deixámosvos un par de enlaces do seu traballo e blog: 

Vai compartir con nós as súas experiencias e tentar facernos visible a realidade de como educamos e as alternativas que podemos ofrecer ás nosas fillas e fillos.

Agardamos a vosa presenza e que sexa do voso interese.