martes, 3 de decembro de 2019

Exposición "Obxectivo Igualdade"


Como remate do proxecto de Igualdade deste ano imos presentar unha exposición fotográfica dos obradoiros realizados.

A ollada diversa comeza nas actividades diarias, no que facemos e como obxervamos, porque é fácil ser solidario nos días sinalados e non tanto decatarnos das desigualdades na nosa contorna.
Poñamos o obxectivo, a lente, sobre o que nos acontece, e sobre como nos relacionamos.















Obradoiro Jumping Clay IGUALDADE

Dúas xornadas nas que de novo Kim forma parte da creatividade de nenas e nenos!

Desta vez tocaba darlle forma a través de arxila moldeable, e escoller con que características o identificaba cadaquén:

Moita imaxinación!












Charlas Nós Mesmas para Primaria

Nos días 18 e 19 de Novembro as nosas fillas e fillos recibiron nas súas aulas a visita das formadoras de Nós Mesmas, que organizaron charlas sobre Diversidade, tratando de facer visibles diferentes realidades de familias, e a aceptación das diferenzas.

Celebramos que a formación en igualdade e diversidade entran tamén nas aulas, porque é o lugar onde están todxs, e a mensaxe chega á toda a comunidade escolar.

Interesante poñerse no lugar da diversidade, e necesarias moitas xornadas para convertilo en realidade.

Imos camiñando...