Nos días 18 e 19 de Novembro as nosas fillas e fillos recibiron nas súas aulas a visita das formadoras de Nós Mesmas, que organizaron charlas sobre Diversidade, tratando de facer visibles diferentes realidades de familias, e a aceptación das diferenzas.
Celebramos que a formación en igualdade e diversidade entran tamén nas aulas, porque é o lugar onde están todxs, e a mensaxe chega á toda a comunidade escolar.
Interesante poñerse no lugar da diversidade, e necesarias moitas xornadas para convertilo en realidade.
Imos camiñando...
Ningún comentario:
Publicar un comentario