venres, 29 de novembro de 2019


   IV CAMPAÑA SOLIDARIA
DE RECOLLIDA DE XOGUETES E ROUPA

     Outro ano máis coa chegada do Nadal queremos repetir a campaña solidaria de recollida de xoguetes. Este ano como novidade tamén recolleremos roupa.


     Podedes colaborar levando algún xoguete ou roupa que os vosos fillos xa non usen, e deixándoos nunha caixa que estará na entrada principal do centro, do 3 ó 18 de Decembro.

     Os xoguetes  non teñen porque estar novos, pero sí en bo estado, limpos e completos. Pensade que son para entregar a outros nenos o día do Nadal.


      Todo o  que recollamos donarémolo un ano máis a Asociación VIDA DIGNA, quen os revisará, catalogará é repartirá as familias que o necesiten.

ANIMADEVOS A COLABORAR

Ningún comentario:

Publicar un comentario